Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Delegación do Goberno de Valencia afirma que á manifestación a favor do PHN, do pasado 2 de Marzo do 2003, só asistiron 60.000 persoas.

Written By Virgulino on 24/5/04 | 15:42

A Delegación del Goberno afirmara no seu día que a manifestación foi secundada por 600.000 persoas, as organización convocantes afirmaron que eran máis de 800.000.



O Movemento Polos Dereitos Civís quere dar a coñecer os datos facilitados pola Delegación do Goberno en Valencia onde afirma que á manifestación que tivo lugar o pasado 2 de Marzo do 2003, en favor do Plan Hidrolóxico Nacional, só asistiron 60.000 persoas. Estes datos contradicen claramente aos datos facilitados aos medios de comunicación no seu día; segundo estes medios, entre eles o xornal “El Mundo” e as Axencias de Noticias, foron 600.000 (datos da Delegación del Goberno) ou 800.000 (datos dos organizadores) o número de asistentes.



Estes datos lograronse despois de máis de un ano de reclamacións á Delegación do Goberno en Valencia, pedindo que explicara como se chegou á conclusión de que esta manifestación foi secundada por tantas persoas cando fisicamente era imposible a súa ubicación en un espacio tan reducido. Para fundamentar a petición aportouse datos facilitados por organizacións contrarias ao transvase que logo resultaron ser certos. A Delegación do Goberno non respondeu ao MpDC, motivo polo que nos diriximos ao Defensor del Pueblo, quen conseguiu contestación despois de requirila en dúas ocasión.

Este feito pon en entredito o apoio cidadán a PHN, amosa a utilización partidistas das Institucións por parte da organizacións convocantes e vulnera claramente o Dereito a recibir unha información veraz e o dereito de Petición (ao non responder á Delegación do Goberno ao MpDC).



Esperamos que este feito sente precedente e se trate con moito coidado a información facilitada polas administracións públicas.

0 comentarios:

Publicar un comentario