Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC volve a solicitar unha reunión có Grupo Municipal do PP de Santiago de Compostela para coñecer a súa proposta de Ordenanza

Written By Virgulino on 28/5/04 | 17:42

Esta iniciativa ven dada polas declaracións do Concellal do Partido Popular de Santiago de Compostela no Pleno de onte, quen se lamentou de que o Grupo de Goberno de Compostela non atendera a petición deste Partido para trata de consensuar un texto alternativo para a mencionada Ordenanza.

O MpDC tamén se lamenta que o PP non lles recibira para tratar este tema, e ten sería dúbidas de que o Partido Popular teña algunha proposta para a Ordenanza, que non sexa a prohibición de colar cartaces ou facer murais en calquera lugar da nosa cidade.

Tamén queremos aclarar que nin Agir, nin AMI, son membros do MpDC; demostrando, Sánchez-Agustino, unha total falta de interese e información sobre os colectivos socio-culturais que existen nesta Vila, máxime cando o MpDC remitiu ao grupo municipal do Partido Popular unha copia do seu informe 2004 onde criticabamos, entre outros temas, a actual ordenanza.

De todas as formas os militantes de AMI e Agir son membros de pleno dereito desta sociedade e a súa participación en calquera organización non deber limitar os dereitos civís que lles corresponden, como é o de participar nos asuntos públicos, sobre todo cando lles afecta directamente.

0 comentarios:

Publicar un comentario