Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Policía Local de Santiago segue coa súa actuación agresiva

Written By Virgulino on 7/4/04 | 18:13

Un Policía Local inmobilizou varios coches cós seus conductores dentro por que quería saber quen había tocado o claxo



O MpDC volve a denunciar a actitude chulesca e provocadora que ven tendo a Policía Local de Santiago de Compostela. Onte pola mañá, cando o servicio de grúa procedía a retira varios vehículos da Rúa Peixigo de Abaixo – feito denunciado ultimamente por varios veciños porque entendían como persecutorio – soou un claxo. Neste momento o Policía Local que acompañaba a grúa saíu do vehículo proferindo berros e esixindo a todos os automobilistas que estaban estacionados, e esperaban para saír, que identificaran o responsable deste “gravísimo delicto”. Como ninguén se responsabilizou do feito dixo que ninguén se movía dalí ata que se identificara o responsable e se sentou na grúa. Mentres esperaban o Policía Local reclamou a presencia de dous vehículos máis da Policía Municipal. Durante os feitos se lle requiriu ao Policía Local que se identificara, quen como de costume negouse. O altercado rematou despois de 45 minutos e cunha persoa identificada por ser sospeitosa de tocar o claxo.



Estes feitos se suman as agresións a xovens que saen pola noite, á xa tristemente famosa carga de policías municipais contra traballadores de CESPA, o impedimento para entrar no concello para asistir a Plenos, as negativas a identificarse, a denegación de auxilio, as multas e arrestos de xovens por colar carteis, ameazas, etc... Feitos que están denunciados ante o Defensor del Pueblo, a Fiscalía Xeral de Galiza e o Xuzgado Número 6 de Santiago.



Ante estes continuos desaires da Policía Local, e que ten rematado incluso con feridos, o MpDC convocará as organizacións sociais de Santiago para que o próximo mes Maio participen nunha concentración para mostrar a nosa repulsa fronte a estas actitudes que non se deberían permitir nun Estado de Dereito no que, en teoría, vivimos.

0 comentarios:

Publicar un comentario