Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movimento polos Direitos Civís ofrecerá a partir deste xoves asesoria xurídica para todas aquelas persoas que sintan vulnerados os seus direitos

Written By Virgulino on 12/4/04 | 11:46

Este servizo poderá ser consultado todos os xoves de 12:00 a 14:00 no Edificio Simeón nas Casas Reais de Santiago (no local dos CAF) e tamén estará dispoñíbel unha asesoria xurídica online através do correo electrónico



O Movimento polos Direitos Civís é unha organización na defensa das liberdades e direitos fundamentais que leva a traballar neste campo desde o febreiro do 2002.



Para achegar unha maior información e ser quen de garantir os servizos de atención e información dos direitos da cidadania que a Administración non facilita, o Movimento polos Direitos Civís (MpDC) ofrecerá a partir deste xoves 15 de abril un servizo de asesoría xurídica para todas aquelas persoas que sintan vulnerados os seus direitos como cidadáns ou cidadás e queiran saber como poden facer fronte a esas situacións.



Este servizo poderá ser consultado todos os xoves de 12 a 14 no Edificio Simeón na rua das Casas Reais en Santiago de Compostela (no local dos CAF), xa que un voluntario do MpDC estará ali para atender a todas as persoas que queiran dispor deste servizo.



Tamén estará dispoñíbel unha asesoria xurídica online através do correo electrónico, xa que aquelas persoas que non podan pasar neste horario pola asesoria poden enviar un correo a asesoria@movemento.org e estas consultas tamén serán atendidas.

0 comentarios:

Publicar un comentario