Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC presenta queixa ao Defensor del Pueblo pola censura no 11-M

Written By Virgulino on 2/4/04 | 13:19

Tamén adxunta os feitos relatados á Petición que ten aceptada ante o Parlamento Europeo para que a Comisión Europea se pronuncie sobre a censura informativa no Estado Español



O MpDC presentou hoxe unha queixa por censura informativa relacionada có 11-M perante o “Defensor del Pueblo”. Esta queixa, similar á que xa presentamos sobre o Prestige e que deu lugar a un informe do “Defensor del Pueblo” no que tachaba a información facilitada sobre o afundimento de partidista e interesada, tamén será remitida ao Parlamento Europeo para que se adxunte á Petición que temos aceptada, e está pendiente dunha resolución da Comisión Europea, có obxectivo de que se pronuncie sobre a censura informativa en xeral no Estado Español.



Na queixa fomulada hoxe pedimos:



se reprochen as actuacións levadas a cabo polos membros do Goberno saínte, instando ás autoridades implicadas a respeitar escrupulosamente o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (Artigo 19), a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea (Artigo 11) e a Constitución Española (artigo 20) os cales recoñecen o Dereito á Liberdade de opinión e á Liberdade de recibir ou de comunicar información veraz ou ideas por calquera medio de difusión sen que haxa inxerencia de autoridades públicas e sen consideración de raias; piden o respecto á liberdade dos medios de comunicación e garanten que o exercicio destes Dereito non poden se restrinxidos mediante ningún tipo de censura, artigos todos eles que consideramos violados polas conductas mencionadas.



Por outro lado, e en base ao articulo 29 da Lei 3/81 de 6 de Abril e o Artigo 46 da lei orgánica 2/1979 de 3 de outubro, se estude a interposición dun recurso de Amparo ante o Tribunal Constitucional en busca do restablecemento dos dereitos que a desconsiderada actuación destas autoridades, nos distintos caso de manipulación informativa denunciados (Prestige, Guerra de Irak, Atentados 11-M, Acidente Yak-42, etc...) lesionou.



Así mesmo e de se derivar calquera tipo de responsabilidade penal, se incoen os procedementos necesarios para o seu enxuiciamento, póndose os feitos en coñecemento do Fiscalía Xeral do Estado, Fiscalía Anticorrupción ou calquera órgano que se considerase competente para o coñecemento dos feitos delitivos apreciados.



Se solicita ademais, que dada a gravidade dos feitos, se cite aos medios de comunicación e/ou persoas que polo relato dos feitos puidesen aportar detalles para aclarar os feitos denunciados, tendo informada á Asociación á que represento, no enderezo indicado no encabezamento, das actuacións que se vaian levando a cabo, por se en algún momento procedese o inicio algún outro tipo de acción xudicial ou extraxudicial.

0 comentarios:

Publicar un comentario