Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

"REMATEMOS CO SILENCIO"

Written By Virgulino on 29/3/04 | 12:47

Vieiros | Santiago



O MPDC reclama accións para recuperar a memoria histórica da Estrada



[29/03/2004 19:01] O Movimento polos Direitos Civís, MPDC, reclámalle ao Concello da Estrada "que restitúa a memoria histórica do alcalde e a corporación democrática de 1936, e de todos os veciños que foron asasinados pola súa ideoloxía, cumprindo a vontade expresada na carta dos estradenses fusilados o 5 de xuño de 1937. Non podemos admitir por máis tempo que se siga rendendo tributo a persoas caracterizadas pola defensa do crime como medio de conseguir os obxectivos políticos e se exclúa do noso rueiro o nome daqueles asasinados por defender o diálogo e o dereito á discrepancia. Reclamamos que remate a discriminación e a censura, que se acabe o silenciamento e a ocultación, que saia o sol para todos e non para os mesmos de sempre."



O manifesto "Rematemos co silencio na Estrada" faise ao fío das conclusións do Congreso da Memoria sobre a represión no franquismo, celebrado en Narón no mes de decembro, que recomendaba diversas accións para conseguir a recuperación da memoria histórica nos concellos galegos.



O MPDC denuncia o rexeitamento sistemático, por parte do Concello da Estrada, de todas as iniciativas que se tiveron para rescatar a memoria dos que foron fusilados "por defender a liberdade de asociación, de prensa, de expresión, o sufraxio universal, … en definitiva, os dereitos humanos". En concreto, denuncian a negativa a nomear unha rúa "Mártires da Estrada" tal e como pediran os membros da corporación republicana fusilada en 1937, e a negativa do permiso para colocar un monumento na lembranza destes mortos.



Estes temas estiveron na orixe da polémica suscitada na sesión plenaria do Concello da Estrada do día 12 de xaneiro pasado, cando o BNG votou en contra dunha proposta que incluía poñerlle a unha rúa o nome do exalcalde de Alianza Popular, Manuel Reimondez Portela, "por incumprir acordos previos sobre a denominación do rueiro (non dedicar rúas mentres non se fixese unha revisión global), pola reiterada marxinación á recuperación da memoria histórica estradense e polo veto a homenaxear aos que non foran adictos ao réxime".



Daquela o BNG emitíu un comunicado no que se recollía esta denuncia: " aquí mesmo se prohibe o uso de terreos públicos para erixir un monumento á corporación republicana fusilada en 1937, porque no noso Concello aínda goberna a Santa Inquisición, aínda non chegou a transición."

0 comentarios:

Publicar un comentario