Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Valedor do Pobo négase a investiga a queixa contra o alcalde de Toques

Written By Virgulino on 18/2/04 | 12:39

Alude a que hai unha denuncia formulada na Garda Civil e ao artigo 20 da Lei do Valedor do Pobo.

O MPDC volve a denunciar a incompetencia do Valedor do Pobo no exercicio das súas funcións. Recentemente o MPDC denunciou a vulneración dos dereitos fundamentais que supuxo a expulsión de xornalistas dun Pleno en Toques, en resposta a esta queixa o Valedor do Pobo alude ao Artigo 20 da Lei do Valedor para evitar investigar e por os feitos en coñecemento da Fiscalía.

O artigo 20 da Lei do Valedor do Pobo di que esta institución non “entrará no exame individual daquelas queixas sobre as que este pendente resolución xudicial” sen embargo o propio artigo 20 di, no mesmo parágrafo, que “esto non impedirá, sen embargo, a investigación sobre os problemas xerais plantexados nas queixas presentadas” e, ademais, “en calquera caso velará porque a Administración resolva expresamente, no tempo e na forma, as peticións e recursos que lle fosen formulados.”

Queremos lembrar que a denuncia formulada polos xornalista fronte a Garda Civil facía referencia as agresións sufridas no Pleno e, polo tanto, non existe ningunha resolución xudicial pendente sobre o exercicio da liberdade de expresión e libre circulación, fundamentos da queixa formulada ante o Valedor do Pobo.

Unha vez máis José Ramón Vázquez Sande volve a demostrar a súa incompetencia, a falta de imparcialidade no exercicio do seu cargo como Valedor do Pobo e a inutilidade desta institución para facer valer os dereitos da cidadanía; por un lado a propia lei non lle quita competencia para investigar as vulneracións dos dereitos fundamentais e, por outra parte, a denuncia formulada polos xornalistas non esta basada na vulneracións destes dereitos

0 comentarios:

Publicar un comentario