Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Delegación del Gobierno de Galiza faltoulle á verdade ao “Defensor del Pueblo”

Written By Virgulino on 24/2/04 | 12:39

Este mércores 25 de febreiro ás 12 da mañá o Movimento polos Direitos Civis apresentará unha denuncia no Xulgado

Fernández de Mesa afirmou que os funcionarios de Policía instalados na Praza do Obradoiro o pasado 25 de Xullo, antes da concentración de Nunca Máis, se limitaron a “informar adecuadamente a diversos grupos de persoas (...) que a concentración que pretendían realizar estaba comunicada e autorizada a partir das 14:00 horas”

Esta foi a resposta e a explicación dada, polo actual candidato ao Congreso, Arsenio Fernández de Mesa, ao Defensor del Pueblo en alusión aos impedimentos que puxo a Policía Nacional para que os cidadáns e cidadás que desexaban concentrarse na Praza do Obradoiro, a raíz da convocatoria de Nunca Máis pola concesión das medallas de Galiza a Francisco Álvarez Cascos, non o puideran facer.

Durante o pasado 25 de Xullo, e antes da concentración de Nunca Máis, varias persoas viron como se lles impedía acceder á Praza do Obradoiro polo simple feito de lucir un autocolante ou levar unha bandeira. Este feito que foi recollido polos medios de comunicación, dos que hai fotos e, por suposto, testemuñas desembocou nunha agresión policial a un xoven que desexaba acercarse a un bar situado nun lateral da Praza do Obradoiro para encontrarse con un amigo. Outras persoas foron agarradas pola solapa da chaqueta para impedir a súa entrada á Praza e mesmo membros da Plataforma Nunca Máis se lles impediu acceder ao Obradoiro para organizar o acto que estaba previsto e autorizado.

Ante o requerimento de Enrique Múgica, a Delegación do Goberno afirma que simplemente se lles informou as “persoas que portaban pancartas e bandeira alusiva á plataforma Nunca Máis, que a concentración que pretendían realizar estaba comunicada e autorizada a partir das 14:00 horas”. O “Defensor del Pueblo” considera que non pode seguir coa investigación por mor desta explicación da Delegación del Goberno, explicación que falta claramente á verdade. Este é o motivo polo que o MPDC presentará mañá, mércores 25, ás 12 da mañá, denuncia ao Xulgado de Instrucción de Compostela para que sexan as autoridades xudiciais quen requiran da Delegación del Gobierno, responsabilidades pola vulneración dos dereitos á libre circulación, manifestación e concentración que se produciu neste día.

0 comentarios:

Publicar un comentario