Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MPDC porá en coñecemento do CGPJ as recentes sentencias xudiciais ditadas en Galiza

Written By Virgulino on 10/2/04 | 10:21

Os diferentes criterios á hora de ditar sentencia fai sospeitar da imparcialidade e dos criterios dos xuíces, motivo polo que o MPDC cre necesaria a intervención do Consello Xeral do Poder Xudicial.



Tres veciños cunha impecable traxectoria social foron condenados a 7 anos de cárcere e 156.000 Euros de multas en base, unicamente, as contradictorias declaracións de membros da Policía Nacional; o delicto cometido non foi outro que participar nunha mobilización para reinvidicar máis seguridade vial no seu barrio. Tres sindicalistas condenados a varios anos de cárcere e miles de euros en multas por estaren presentes nun suposto altercado acontecido en Lugo durante a xornada de Folga do pasado 20 de Xullo do 2002; a sentencia recolle condena por atentado contra a autoridade cando ningún dos acusados agrediu a ningún policía e se recoñece na propia sentencia que as lesións do policía denunciante existía con anterioridade aos feitos; estes sindicalistas tamén foron condenados por un delicto contra os dereitos dos traballadores, feito que non é certo xa que non houbo coacción contra a traballadora involucrada no altercado. Mozas e Mozos de Santiago de Compostela son condenados a miles de euros en multas e arrestos polo simple feito de pegaren carteis ou faceren murais. Os traballadores son considerados culpables dos seus accidentes laborais que, en moitos casos, lles ocasionan lesións irreversibles ou a morte. A Fiscalía abre dilixencias informativas para acalar as críticas contra esta denuncias.



Por outra banda non se considera delicto que unha empresa impida aos seus traballadores que se presenten por unha determinada central sindical ás eleccións; ademais o xuíz xustificase alegando que “non todo ataque ao dereito fundamental á liberdade sindical consagrado constitucionalmente é necesariamente un delicto”. A dous gardas civís que insultaron, golpearon e encañonaron a dous mozos por unha infracción de tráfico se lles condena soamente a seis meses de cárcere (non pisarán prisión). A Fiscalía non investiga as denuncias contra membros dos Corpos e Forzas do Estado, incluso cando se formulan con varias testemuñas. Non se considera delicto coaccionar a anciáns para que voten nunhas eleccións e tampouco que se pague con 210.000 Euros de diñeiro público, obras privadas.



Parece claro que non hai unha imparcialidade na actuación da Administración de Xustiza e do Ministerio Fiscal. Búscase una amedrentamento dos cidadáns que queiran facer valer os seus dereitos evitando así que fagan fronte as inxustizas que sufren a cotío. Non hai unha seguridade xurídica: os funcionarios encargados de facer cumprir a lei podente encañonar cunha pistola e non irán a cárcere; un empresario pódete coaccionar para que non te presentes as eleccións por un determinado sindicato e non estará cometendo un delicto contra os dereitos dos traballadores e un policía pódete levar o cárcere sen ter que demostrar que as súas lesión foron ocasionadas por unha acción túa.



Que pódemos esperar dunha xustizas nesta condicións. ¿Quén di cales vulneracións dos dereitos fundamentais son delictos e cales non? É evidente a clara involución que está a sofrer o Estado de Dereito e a forma na que se utiliza interesadamente a Constitución como base sagrada e indiscutible cando se debaten determinados temas, pero que é vulnerada sin ningún tipo de rubor cando se tratan de dereitos civís.

0 comentarios:

Publicar un comentario