Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Houbo varias irregularidades na condena a varios veciños do Eixo

Written By Virgulino on 11/2/04 | 10:24

O MPDC, na liña de denunciar as sentencias xudiciais non imparciais, revisou a sentencia dictada contra varios veciños do Eixo e apreciou varias irregularidades que vulneran a presunción de inocencia e a tutela xudicial efectiva.



O Movimento polos Direitos Civís comunica aos medios de comunicación que fará chegar os seguintes feitos ao Consello Xeral do Poder Xudicial:



Na Sentencia 39/03, na que se condena a varios anos de cárcere e ao pago de 156000 Euros a 3 veciños do Eixo, admitise que os Policías Nacionais que recoñeceron en Rolda de recoñecemento aos acusados “puideron chegar a ter ocasión material de cometer a irregularidade de examinar fotos das persoas que presumiblemente ían ter que recoñecer ulteriormente”, admitise que houbo “intervención nas roldas, xunto ás persoas obxecto de identificación, de membros da Policía Nacional” e ademais foi confirmada a “condición de funcionarios en prácticas de varias persoas que integraron as rodas”. Ou sexa que os Policías Nacionais que tiveron que recoñecer aos acusados tiveron acceso ás fotos deles antes da Rolda de Recoñecemento e os recoñeceron entre varios Policías Nacionais.



O Policía Nacional supostamente agredido foi quen identificou “na rúa e de forma casual” a un dos acusados sen que fora capaz de explicar o “motivo que o levou ese día ate a zona de Santiago onde se encontrou con o acusado”. A raíz da súa detención outro veciño do Eixo, e posteriormente acusado, acudiu aos Xuzgados para interesarse pola situación do detido, este foi relacionado cós feitos a pesar de que a súa descrición no “atestado dunha tez moi branca contrasta cós seus rasgos e cor de pel, propios dunha persoa acusadamente morena”



Na sentencia se considera que “non hai motivos alleos ao propio incidente que puidera incidir negativa na veracidade das declaracións dos policías implicados” ao mesmo tempo que se admite os “desaxustes que sen dubida cabe apreciar nas súas manifestacións” onde “varios deles recoñeceron que a causa da grande confusión existen e dos múltiple do acometimento de que eran obxecto, non eran capaces de recoñecer a ninguén como autor do suceso” “Así o axente …. Dixo non lembrar ter sido agredido con paos ou instrumento similares” mentres outro axente dixo “ter percibido cómo os agresores golpeaban a … cun pao”.



A confusión propia da situación é utilizada na sentencia para xustificar os vacios e contradicción das declaracións policiais, sen embargo no caso da defensa e valorada negativamente e se considera “destacable a tendencia das testemuñas a dar contestación vagas ou a escudarse na súa falta de percepción do suceso cando se pregunta sobre o modo en que se produxeron as lesións aos policías”.



“Os forenses tampouco descartaron que unha causa distinta dunha agresión física (un tumulto, por exemplo) puidera causar semellante incidencia no psiquismo do (policía) afectado” e que “os traumatismos sufridos polos policías poida ter como orixe unha caída accidenta colectiva”



Na sentencia atópanse outras feitos que manifestan unha clara indefensión e unha evidente vulneración da presunción de inocencia.

0 comentarios:

Publicar un comentario