Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Administración de Xustiza non actua con imparcialidade

Written By Virgulino on 4/2/04 | 11:33

Sanciona con evidente discriminación nos casos de conflictos sociais ou cando está involucrado membros dos Corpos e Forzas do Estado.



O MPDC quere mostrar o seu rexeitamento as actitudes discriminatorias que se veñen dando no seo do Administración de Xustiza contra determinados colectivos. Tal e como xa denunciamos no informe 2003, a dependencia desta Administración dos demais poderes do Estado está acabando coa súa independencia e está creando unha situación de indefensión que vulnera claramente o previsto nos artigos artigos 14 (igualdade e prohibición de discriminación) e 24 (tutela xudicial efectiva).



É sangrante que mentres a un sindicalista que participa nun piquete informativo se lle condene a seis anos de cárcere por un altercado sen maior transcendencia, e a dous Gardas Civís (axentes encargados de facer cumprir a lei, con presunción de veracidade e funcionarios nos que estamos “obrigados” a confiar) son condenados soamente a 6 meses de prisión por patear o estómago, encañonar cunha arma, levar a golpes ata o coche patrulla, rexistrar bruscamente dando patadas nas pernas e ameazar con descargar a pistola a dous mozos de 15 e 21 anos. A esta clara evidencia podemos sumar a sanción á que foi sometido un Policía Nacional de Madrid que, tras golpear na cabeza a unha moza que pedía auxilio por medio de un móbil para un ferido, só tivo que pasar cinco días na casa sen dereito a soldo.



Tamén queremos denunciar a negativa da Fiscalía a aceptar denuncias contra actuacións policías, incluso cando se denuncia cun importante número de testemuñas (xa non falamos de cando non se consigue testemuñas pois os policías néganse a identificarse), con xustificacións tan burdas como que o informe da Policía xustifica a actuación policial; o informe da mesma policía á que se está denunciando con máis dunha ducia de testemuñas.



É evidente que a actuación da Xustiza deixa nunha clara indefensión a importantes colectivos da sociedade que cometen o únicos delicto de atoparse de fronte cun membro dos Corpos e Forzas do Estados. Estes funcionario cometen delictos que quedan impunes por:



Primeiro: negárense a identificarse;

Segundo: negarse a Fiscalía a recoller denuncias contra eles

Terceiro: cando se consigue levalos ao xulgado, teren presunción de veracidade

Cuarto: As denuncias sáldanse con penas ridículas.

0 comentarios:

Publicar un comentario