Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MPDC presenta o seu informe 2003

Written By Virgulino on 29/1/04 | 16:42

O MPDC presentou hoxe o seu informe 2003 no que fixo un repaso as súas actuacións durante todo o ano pasado e na actuación das administracións institución e autoridades.



No que atinxe os concellos, a laboura do Movimento polos Direitos Civís centrouse sobre todo na xestión da institución en Compostela xa que a cidade onde está radicado e é onde naceu. Os asuntos máis destacábeis foron a problemática da videovixilancia, con continuas denuncias ó Valedor do Pobo; a denuncia da vulneración sistemática da Ordenanza Municipal de Medio Ambiente Urbano por parte do Concello; a prohibición a membros deste e doutros movementos e asociacións de entrar en plenos municipais, algo a que ten dereito todo cidadán; o conflicto da publicidade estática; as actuacións violentas da policía local; as prohibicións contra actos musicais convocados contra a guerra en Iraque; ou as propostas de expulsión de inmigrantes por exerceren a mendicidade.



Por outra banda, a actuación dos responsábeis da Xunta de Galiza tamén foi obxecto de análise e crítica dende o MPDC. Sen dúbida, o tema máis salientable foi a actuación neglixente ante a catástrofe do Prestige. Neste senso as denuncias do Movimento obtiveron froito nas accións do Defensor del Pueblo, Enrique Múgica. Na mesma liña, denunciouse a forte censura informativa que se deu en Galiza respecto deste tema. Tamén foron denunciados os ataques inxustificados de membros desta administración contra a Plataforma cidadá Nunca Máis, que foi acusada de “radical e batasunizadora da sociedade galega”. Así mesmo, tamén se denunciou a retirada de carteis desta plataforma das instalacións da Xunta, aspectos que atentan directamente contra a liberdade de expresión.



No que se refire á xestión do goberno do Estado español, as críticas centráronse de novo no tema da catástrofe do Prestige e en todo o relativo á guerra en Iraque.



Finalmente, outros aspectos abordados polo Movimento polos Direitos Civís foron a violencia no fútbol, as irregularidades na concesión de bolsas universitarias, as actuacións negativas do Valedor do Pobo, as ameazas de cárcere para testemuñas...



No que se refire a actuación da administración, autoridades e institucións o MPDC chamou especialmente a atención sobre a actuación do Valedor do Pobo e do Concello de Santiago de Compostela; o primeiro actúa cunha total deixades de funcións, aceitando e rexeitando Queixas cuns criterios pouco comprensibles, dándose casos nos que o Valedor do Pobo rexeita queixas que logo son aceptadas polo “Defensor del Pueblo”; no caso do Concello de Santiago e destacable que despois de 14 meses de investigacións o Defensor del Pueblo aínda non conseguiu acceder aos permisos das cámaras de videovixilancia instaladas nas rúas.



O informe, que está estructurado por artigos da Constitución, busca evidenciar as vulneracións realizadas en cada un deles.

0 comentarios:

Publicar un comentario