Presenta Recurso de Reposición como paso previo ao Contencioso-Administrativo por vulneración da Lei e do Regulamento de video-vixilancia.
O Movimento Polos Direitos Civís presentará mañá, no Concello de Santiago, Recurso de Reposición no que pide a retirada das vidocámaras da Zona Monumental por vulneración da Lei e do Regulamento de Video-vixilancia.
Este Recurso será presentado como paso previo a vía Contencioso-Administrativa xa que segundo o Concello de Santiago, en dous escritos remitidos, as cámaras de video-vixilancia non gravan. Esto supón vulneración do Artigo 1 da da Lei Orgánica 4/97 que di textualmente “A presente Lei regula a utilización polas Forzas e Corpos de Seguridade para gravar imaxes e sons en lugares públicos”.
Si as cámaras de video-vixilancia non gravan (como di o Concello de Santiago en contradicción con outros escritos remitidos ao Valedor do Pobo onde admitía que se gravaba) non se poderá levar a cabo o previsto no artigo 7 da mencionada Lei Orgánica 4/97, ou sexa, no caso de captar ilícitos penais entregar as gravacións ás autoridades competentes para que tomen as medidas oportunas.
De ser certo que as cámaras non gravan non serían efectivas para lograr os obxectivos da antedita Lei: “asegurar a convivencia cidadán, a erradicación da violencia e a utilización pacífica das vías e espacios públicos, así como de previr a comisión de delictos, faltas e infraccións relacionados cá seguridade pública”. Neste caso para o único que serven as cámaras é para observar ás veciñas e veciños de Santiago e non cumplen có seu obxectivo legal.
Volvemos a insistir no desproporcionada da utilización das cámaras de video-vixilancia nunha cidade tranquila como Santiago. Recalcamos novamente na inutilidade das mesmas e o custo económico que supón ós veciños e veciñas que estan pagando para seren observados sen que quede ningunha proba, no caso de producirse, dunha utilización impropia das mencionadas cámaras como xa posou noutras cidades, incluso galegas.
Por último queremos lembrar que o “Defensor del Pueblo” segue, despois dun ano, intentando conseguir os permisos destas cámaras, tanto por medio da Delegación do Goberno de Galiza como polo Concello de Santiago sen que ningunha destas dúas administracións lle facilite a documentación.
O MPDC presenta recurso contra as cámaras de video-vixilancia
Written By Virgulino on 3/12/03 | 11:07
Etiquetas:
Concello de Ares,
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Delegación do Goberno
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario