Considera que se utiliza de forma desconsiderada e só se nombra para conseguir fins partidistas
A Constitución Española recoñece entre outros dereitos: igualdade ante a lei (artigo 14) , liberdade ideolóxica e relixiosa (artigo 16), dereito á intimidade (artigo 18), dereito á liberdade persoal (artigo 17), liberdade de circulación (artigo 19), liberdade de expresión (artigo 20), dereito de reunión (artigo 21), dereito de participación nos asuntos públicos (artigo 23), dereito de petición (artigo 29), etc. ....
Todos estes dereitos, e moitos mais, son vulnerados a cotío polas políticos e autoridades sen ningún remordemento. O MPDC ven denunciando feitos que supoñen continuas vulneración de dereitos fundamentais por parte do Concello de Santiago de Compostela, Delegación do Goberno, Parlamento Galego, Goberno Galego, Goberno Español, Policía Nacional, etc.... durante todo o ano 2002 e 2003.
Esta Norma Suprema que non se pode modificar (segundo a clase política gobernante) foi modificada para retirar dereitos aos traballadores (creación das ETTs) e ignorada para enviar forzas de “loita contra o terrorismo a Iraque” (vulneración do artigo 63).
Mesmo así se utiliza para levar aos Xulgados a un goberno lexitimamente elixido (o Vasco) por querer consultar ao pobo vasco sobre un Estatuto baseado nun dereito fundamental recoñecido polas Nacións Unidas: o dereito a Autodeterminación.
Queremos recordar que a Constitución recoñece os dereitos do Título I tamén aos estranxeiros (artigos 13); sen embargo morren diariamente nas costas do estados español e se lles nega o dereito de reunión, manifestación, libre circulación, folga, traballo, etc ...
É evidente que a clase política que temos os galegos e o cidadáns do Estado Español non merecen nomear, sequera, a Constitución, non son dignos delas e non velan polo que ela recolle e só a utilizan como fundamentos vagos para a obtención de obxectivos políticos.
A Constitución debe ser modificada segundo a necesidade dos cidadáns, sen medo, xa que está para servir aos cidadáns e non aos intereses do partido gobernante.
O MPDC pide a creación dun organismo independente, constituído polas colectivos sociais, e que vele polos dereitos fundamentais, lonxe de intereses partidistas que están a minguar diariamente o significado destes dereitos.
O MPDC denuncia a utilización partidista da Constitución
Written By Virgulino on 6/12/03 | 14:28
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario