Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Santiago impide a entrada ao Pleno

Written By Virgulino on 27/11/03 | 22:32

Non deixan entrar ningún dos máis de trinta mozos e mozas que estaban interesados en asistir e apoiar a Ordenanza de Publicidade Estática.



No día de hoxe, e minutos antes do comezo do pleno que se ía celebrar no Concello de Santiago de Compostela, varios mozos e mozas pertencentes ao Movimento polos Direitos Civís que se apresentaron na entrada do Pazo de Raxoi, coa intención de asistir ao mesmo coma oíntes e para apoiar a Ordenanza de Publicidade Estática, viron impedida a súa entrada por varios efectivos da policia local. Nun principio, os uniformados ignoraron as reiteradas peticións de entrada pasando, logo á negativa categórica, alegando primeiro falta de sitio dispoñibel na sala, motivo non real, como poidemos saber máis tarde, e seguidamente explicando que a entrada suporía unha interrupción do pleno, entendendo eles parece ser, que os mozos e mozas alí presentes non saben de formas, nin de sentarse correctamente sen causar molestia, suposición esta, baseada probabelmente no vestir informal e carente de almidoado do grupo (!).



Ante a insistente negativa e vendo como xente sen ningún tipo de credencial conseguía pasar sen problema algún, e considerando isto coma unha vulneración clara do direito de calquer cidadán/á a asistires aos plenos municicipais, dende sempre abertos, pediuse-lle a identificación policial aos efectivos que unha vez máis se negaron, aínda que como é sabido están na obriga de presenta-la súa placa ante calquera que así o solicite. Dato cando menos interesante foi o feito de que o membro dun Grupo Municipal baixara á entrada comunicando que o proceder dos policias alí presentes era irregular e que tentaría soluciona-lo asunto, evidentemente non houbo ningún resultado.



Visto o visto e respaldándo-se na eficiencia policial (!), púxo-se unha denuncia (non nas dependencias da Policía Local xa que negáron-se a recolle-la) na Policía Nacional (da que adxunta-mos copia); denuncia que irá ao Xulgado de Garda, polo que agardamos que se tome algún tipo de medida e por suposto que se pare esta tendencia tan habitual nos últimos tempos de vulnera-los direitos da cidadanía, un día si e outro tamén.

0 comentarios:

Publicar un comentario