Presenta Recurso de Reposición por vulnerar, o Concello de Santiago de Compostela, a Ordenanza de Medio Ambiente Urbano de forma sistemática.
O Movimento Polos Direitos Civís vai presentar mañá, no Concello de Santiago, Recurso de Reposición por vulneración sistemática da Ordenanza Municipal de Medio Ambiente Urbano por parte do propio Concello.
Co recurso achéganse 25 fotos nas que se poden apreciar a actuación da Brigada Municipal de Vías e Obras en distintas zonas de Compostela, enzoufando as paredes dos edificios empregando “escalas de grises sobre fondos brancos, ou cores crúas ou mates en fondos acastañados ou ocres” resultado unha combinación cromática “desafortunada e antiestética” contraria a Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano que ten por obxectivo último “manter as condicións de limpeza e pulcritude que esixen o ornato e a estética da cidade”.
Estes feito demostran que “a limpeza das rúas non se axusta ao estabelecido na Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano resultando moitas veces máis antiestético que os murais, pintadas, grafitis e outras inscrición nas paredes que busca cubrir”.
O MPDC vén denunciando estes feitos desde hai case 2 anos ao entender que non se acadan os obxectivo teóricos fixados e só se consegue unha criminalización dos colectivos sociais, políticos, culturais e sindicais da cidade cuxos membros son identificados, multados e arrestados a prol dunha Ordenanza que é vulnerada polo propio Concello.
Nestes anos de reinvidicación o MPDC conseguiu dous pequenos logros: A colocación de taboleiros para a pegada de carteis (que resultan insuficientes e non son respectados polo Concello) e que se propuxese unha Ordenanza de Publicidade Estática que non foi levada a Pleno o ano pasado por comunicaren os grupos do PSOE e do PP en prensa que non había saír adiante.
Por outra parte e ante o máis que evidente obxectivo final da actuación do Concello enzoufando as paredes (o impedimento da divulgación das actividades dos colectivos de Compostela) o MPDC presenta unha queixa ao Defensor del Pueblo por vulneración do artigo 20 da CE, referente ao dereito de recibir e emitir información veraz por calquera medio.
O MPDC propón como solución a este conflito a aprobación da Ordenanza de Publicidade Estática que se debaterá mañá no Concello, que permitiría a coexistencia da Liberdade de Expresión e mantemento do patrimonio da cidade.
O MPDC denuncia o Concello de Compostela
Written By Virgulino on 26/11/03 | 13:06
Etiquetas:
Concello de Oleiros,
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Dereito á Liberdade de Expresión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario