Abriu expediente polas denuncias contra Policías Locais que non son tramitadas.
O “Defensor del Pueblo” xa ten dúas queixas pola actuación do Concello de Santiago de Compostela fronte as denuncias formuladas contra os Policía Locais. A primeira trata sobre unha parella de Policías que tras conducir en dirección contraria e estacionar sobre un paso de peóns procederon a identificar a tres mozos sen ningún motivo aparente, ningún dos dous policías levaban placas; a seguinte foi sobre a actitude violenta dun policía local contra un conductor que, cando lle pediu o número de placa para denuncialo, lle deu un número falso.
A actitude do Concello de Santiago en ámbolos dous casos foi non tramitalas, motivo polo que o MPDC presentou sendas queixas ao Defensor del Pueblo ás que se sumarán en breve outra polos impedimentos da Policía Local a permitir a entrada nun Pleno de varios mozos e mozas o pasado 27 de Novembro.
Este último asunto, o do Pleno de Santiago, está a ser tratado no Xulgado de Instrucción número 6 dos de Santiago por constituír un delicto contra as liberdades fundamentais.
Si a todo esto sumamos o feito de que o pasado día 16 de Decembro o “Defensor del Pueblo” lle solicitara novamente os permisos das cámaras de videovixilancia ao Concello de Santiago de Compostela, temos o perfil dun concello irrespectuoso coa legalidade vixente, prepotente e despreocupado polos intereses fundamentais dos veciños.
O “Defensor del Pueblo” pedirá información sobre denuncias contra Policías de Santiago
Written By Virgulino on 22/12/03 | 12:52
Etiquetas:
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario