Esta foi a condena a que foi sometido o Policía Nacional que agrediu, diante das cámaras e sen motivación, a unha manifestante durante as manifestacións en contra da guerra de Iraque
O Movimento polos Direitos Civís informa que hoxe recibiu comunicación da sanción á que foi sometida o Policía Nacional que agrediu a unha xoven durante as manifestación en contra da guerra do pasado mes de marzo en Madrid. Naqueles días puidemos ver por distintas cadeas de televisión como un Policía Nacional acercábase lentamente a unha xoven que estaba auxiliando a un ferido e lle golpeaba na cabeza e logo lle dabas as costas e marchabase, tamén lentamente, mentres a mozas caía ferida no chan.
Estas imaxes foron moi comentadas, criticouse a brutalidade policial e a impunidade coa que actúan. Lamentablemente hoxe podemos facer público o barato que sae a actuación deste “funcionario encargado de facer cumplir a Lei”; foi sancionado con 5 DÍAS DE SUSPENSIÓN DE FUNCIÓNS.
Outra manifestante, ferida tamén coa “defensa reglamentaria”, nin sequera pode ter a satisfacción de que se sancionara ao funcionario que lle agrediu xa que o Xuzgado de Instrucción 25 de Madrid non conseguiu identificar o agresor.
O MPDC denunciou estes feitos ao “Defensor del Pueblo” o pasado 31 de Marzo do 2003 e requiriulle que, en base ao artigo 28 da Lei do Defensor do Pobo, se inste ás autoridades competente á modificación da Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade para que estes sexan responsabeis dos actos dos funcionarios ao seu cargo.
Cinco días de sanción por agredir a unha manifestante
Written By Virgulino on 7/1/04 | 12:13
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario