Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Inspección da Fiscalía Xeral do Estado abre Dilixencias por denuncias do MPDC

Written By Virgulino on 19/12/03 | 14:02

O Fiscal do TSXG pechou as dilixencias informativas abertas polas declaracións contra Nunca Máis e polas Cámaras de Videovixilancia de Santiago e non facilita información sobre as mesmas



O Movimento Polos Direitos Civís informa que a Inspección da Fiscalía Xeral do Estado abriu Dilixencias Informativas (número 63/03) para aclarar a actuación da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza frente aos escritos-denuncia presentados polas declaracións de membros do Goberno Galego contra Nunca Máis e polas Cámaras de Videovixilancia de Santiago de Compostela.



Esta denuncia foi presentada a raíz de que o MPDC solicitara ao Fiscal do TSXG que informa sobre as Dilixencias realizadas xa que sospeitaba que non se realizou investigacións sobre os dous temas; e sobre a súa actitude durante a comparecencia do Coordinador do MPDC.



Ningunha destas solicitudes foron contestadas, e telefónicamente informaron de que non na recibiran, motivo polo que o MPDC solicitou certificación de Correos do recibimentos de un dos escritos (ao ser o único do que se mantén o resgado) e foi a rexistrar, ámbolos dous escritos, persoalmente na Fiscalía. Ante o asombro de quen foi a rexistrar estes documentos, a funcionario negouse a recollelos e chamou telefonicamente ao Fiscal Xefe quen instou ao membro do MPDC a que fora a falar con el, extremo ao que se negou ao non ter coñecemento preciso da cuestión da que ía falar. Estes feitos foron postos en

coñecemento da Inspección por medio dunha declaración xurada.



Con esta denuncia o MPDC quere chamar a atención sobre o neglixente funcionamento das institución que velan polos dereitos dos galegos e galega que, tal e como xa adiantou o MPDC no seu día, non actuan có afan de defender os intereses da cidadanía; buscando dar unha imaxe de presunta normalidade e eficacia que non existe.

0 comentarios:

Publicar un comentario