O pasado mes de outubro aceptou unha Queixa formulada polo MPDC onde se denuncia a vulneración dos dereitos fundamentais de manifestación, reunión e libre circulación
O MPDC comunica que o Defensor del Pueblo investigará a actuación policial levada a cabo durante a concentración de Nunca Máis do pasado mes de Xullo, cando a Policía Nacional impediu a entrada de cidadáns á Praza do Obradoiro polo simple feito de levar algo alusivo a NM.
A queixa foi acompañada de fotos dos policía e de contactos de cidadáns que se ofreceron a testemuñar xa que os efectivos policiais negáronse a identificarse e a levar aos cidadáns que criticaban a súa a actitude aos seus superiores.
Os feitos denunciados supoñen vulneración de dereitos fundamentais como o de libre circulación, manifestación e reunión có agravante da confusión creada os días previos no que a Delegación do Goberno prohibiu a concentración de NM e logo tivo que permitila por mor de sentencia do TSXG. A raíz desta confusión e ante o impedimento de acceder ao Obradoiro por parte da policía houbo xente que non participou na concentración; obxectivo último, entendemos nós, da actuación policial.
O MPDC solicitou ao Defensor del Pueblo que tivera en conta os feitos denunciados nesta queixa ante unha hipotética modificación da Lei de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que temos solicitada por mor da indefensión que sofre á cidadanía frente as negativas a identificarse por parte dos membros das distintas policías.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario