Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Comisión de Petición do Parlamento Europeo admite unha petición por censura informativa.

Written By Virgulino on 6/11/03 | 17:39

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo decidiu solicitar á Comisión Europea que “adopte unha postura sobre os diferentes aspectos” da denúncia de manipulación informativa realizada polo Movimento polos Direitos Civís, pola cobertura da catástrofe do Prestige.



O Movimento polos Direitos Civís tramitou a sua petición de que se investigue a actuación do estado español e do governo galego, no mes de decembro do pasado ano, pola vulneración de direitos fundamentais –recollidos no artigo 20 da Constitución española- como son o direito á información e o direito a recibir información “veraz”, na cobertura da catástrofe do Prestige.



A Comisión de Peticións recibiu máis información para fundamentar a solicititude de investigación do Movimento polos Direitos Civís nos meses seguintes, remitindo-se-lle mesmo a senténcia que recoñecia a censura informativa por parte de TVE. Tras este proceso prévio, a Comisión aceitou finalmente a trámite a solicitude de iniciar o procedimento.



O Movimento polos Direitos Civís non pode menos que sentir-se satisfeito coa decisión da Comisión e espera que, coa multitude de probas existentes que demostran a existéncia de censura informativa, se adopten medidas que obriguen tanto aos governos estatal e galego, como aos méios públicos a respeitar direitos fundamentais que están sendo constantemente vulnerados. Unha censura que impide que os cidadáns reciban información veraz sobre todo tipo de feitos, e máis sobre algúns tan relevantes como o afundimento do Prestige e as suas consecuéncias.

0 comentarios:

Publicar un comentario