Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MPDC pedirá a Fiscalía Xeral do Estado que busque os responsables da morte de 36 inmigrantes

Written By Virgulino on 11/11/03 | 11:45

Considera que existen responsables do atraso no envío de auxilio á patera que naufragou na Baía de Cádiz.



O MPDC considera que existen responsables da morte dos 36 inmigrantes na Baía de Cádiz que deben responder fronte a xustiza. É inaceptable que o servicio de salvamento marítimo, que debería responder de inmediato ás solicitudes de auxilio, tarde 52 minutos en saír á mar.



Está claro que existe unha importante responsabilidade das administración e autoridades na morte destes 36 inmigrantes. A tardanza da Policía Nacional en subir os catros efectivos ao Sargazo puido ser unha clara demostración de neglixencia, que sumada á deixades das Administración que non aportan os medios necesario para acometer as súas obrigas desencadeou o nefasto incidente.



Estes feitos contrastan novamente cós esaxerados despliegues policiais cando existen manifestación ou folgas e cando hai que “protexer” algunha personalidade, situacións nas que existen efectivos policiais máis que suficientes e actúan con esaxerada dilixencia.

O MPDC ven denunciando repetidamente esta falta de medios para a protección e o auxilio da cidadanía (neste caso dos inmigrantes). Insistimos novamente que son mal utilizados e con obxectivos partidistas descoidando os aspectos máis sociais para destinalos a outros que non resultan ser, precisamente, os principias problemas deste Estado.



En base a todo o dito pediremos á Fiscalía Xeral do Estado que investigue as responsabilidades penais destas mortes; tamén denunciaremos o ocultamento do feitos que realizou o ministro Francisco Álvarez Caso, na mesma liña do Prestige, afirmando que “Salvamento Marítimo atendeu inmediatamente o rescate” e “con dilixencia”.

0 comentarios:

Publicar un comentario