Solicita por segunda vez ao Concello de Santiago, e por terceira vez á Delegación do Goberno de Galiza, información sobre as cámaras de videovixiancia xusto cando o MPDC presenta un informe xurídico de 10 follas que evidencia as irregularidades relacionadas con estas videocámaras.
O MPDC remitiu hoxe ás axencias de noticias e a COMISIÓN DE GARANTÍAS DE VIDEOVIXIANCIA un informe de 10 follas onde fundamenta o seu dereito de dispoñer dos permisos e autorizacións para que estean instaladas as cámaras de videovixiancia en Santiago de Compostela, neste mesmo informe se fundamenta o dereito de calquera cidadán a acceder as gravacións realizadas en lugares públicos. Ambos dereitos foron vulnerados sistematicamente polo Concello de Santiago de Compostela, Comisión de Garantías de Videovixiancia e Delegación de Goberno. A pesar de que este informe evidencia que non se está a actuar correctamente en todo aquilo relacionado con as Cámara de Videovixiancia, o Fiscal Xefe de Galiza arquivou as Dilixencia Informativas relacionadas có tema sen investigar as denuncias formuladas polo MPDC, limitándose unicamente a xustificar a súa actuación na COMISIÓN DE GARANTÍAS DE VIDEOVIXIANCIA onde é secretario. A actuación do Fiscal Malvar resulta, cando menos, insuficiente xa que non investigou sequera as contradiccións do Concello de Santiago a hora de informar ás distintas autoridades sobre as Cámaras de Videovixiancia.
A situación das Videocámaras de Santiago chega a tal punto de despropósito que o Defensor del Pueblo solicitou por terceira vez consecutiva máis información á Delegación do Goberno de Galiza, xa que a información facilitada por esta autoridade é sempre insuficiente; tamén solicitou xa por segunda vez, información ao Concello de Santiago, administración que como de costume non lle responde demostrando unha vez máis a súa total falta de respecto polas autoridades e a lexislación vixente, dilatando a investigación do “Defensor del Pueblo” que xa leva 11 meses con esta queixa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario