Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Santiago de Compostela pretende “esconder” a mendicidade

Written By Virgulino on 23/9/03 | 10:59

Impedirán que mendigue polas rúas pero non buscan solución para o problema da súa proliferación ou castigo para os “desaprehensivos” que se aproveitan deles.



O Movimento polos Direitos Civís desexa denunciar, a raíz das declaración do Concello de Santiago, que os problemas de inmigración ilegal e mendicidade non se solucionan perseguindo e expulsando aos mendigos de Compostela. Resulta incrible que a Edil de Inmigración fale de explotación de inmigrantes por parte de

”desaprehensivos” e poña como solución expulsar as víctimas sen darlles ningún tipo de asistencia. Esta parece unha política máis propia de países subdesenvolvidos que fronte a unha evento importante esconden as súas miserias para dar unha imaxe diferente aos visitantes. É verdadeiramente vergonzoso que se pretenda borrar de un plumazo aos mendigos de Compostela por que veñen os visitantes do Ano Xacobeo.



Non creemos que trasladar o problema de mendicidade e incluso explotación aos concellos limítrofes sexa unha solución. O concello de Compostela ten a obrigación moral de buscar unha solución ao problema que non pode se a ocultación dunha realidade.



Esperemos que o Concello de Santiago non opte por esta política tan practicada e tamén tan criticada.

0 comentarios:

Publicar un comentario