A última noticia que obtivemos foi que a Delegación do Goberno de Galiza comunicou ao “Defensor del Pueblo” que o Concello de Santiago afirmara que as cámaras non gravaban
O Movimento Polos Direitos Civís informa que maña fai 10 meses que o “Defensor del Pueblo” comenzou as investigacións sobre as cámaras de videovixilancia instaladas na rúas do casco vello de Santiago de Compostela a raíz dunha queixa que formulamos o 24 de setembro do 2002.
Durante este período o Concello de Santiago negouse de forma sistemática a recibirnos ou a facilitar calquera información que lle solicitabamos, por este motivo tivemos que presentar recentemente unha nova queixa reclamando a documentación que lle requirimos ao Concello o pasado 5 de Abril do 2003 e unha denuncia a Fiscalía do TSXG.
Sobre a denuncia á Fiscalía, e na liña de denunciar a inoperancia das institución galegas, temos que dicir que esta non investigou ningún dos feitos que lle puxemos en coñecemento sobre as cámaras de videovixilancia, pechando as Dilixencias en falso cunha única alusión que busca xustificar a actuación da Comisión de Garantías de Videovixilancia (da que o Fiscal Xefe é Secretario). O Fiscal Xefe non buscou resposta a cuestión de porque o Concello de Santiago lle dixo á Delegación do Goberno que non gravaba e a dous cidadáns que formularon queixas ao Valedor do Pobo que si gravaba, non informou dos permisos para a instalación das cámaras nin investigou o feito de que a Delegación do Goberno afirmara ao Defensor del Pueblo que o Movimento Polos Direitos Civís non lle solicitara estes permisos cando aportamos probas documentais á Fiscalía e ao Defensor del Pueblo de que si o solicitamos. Nos cabe preguntar ¿para que abriu as Dilixencias Informativas?
Perante esta situación, que demostra a absoluta inoperancia das Institucións, esperaremos a resolución final do Defensor del Pueblo para valorar a presentación dunha querela polas cámaras de videovixilancia e, por outro lado, por en coñecemento do Fiscal Xeral do Estado a actuación da Fiscal Xefe de Galiza do que estamos a esperar que nos facilite as Dilixencias que practicou.
O “Defensor del Pueblo” leva 10 meses investigando as cámaras de videovixiancia de Compostela
Written By Virgulino on 24/9/03 | 9:36
Etiquetas:
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Delegación do Goberno,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario