Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A información sobre o Prestige foi partidista e minimizou o perigo.

Written By Virgulino on 24/9/03 | 9:47

O Defensor del Pueblo considera que se realizou unha “política informativa defectuosa e ata partidista, pois é innegable que o perigo foi minimizado”



O Movimento Polos Direitos Civís (Constituído por CIG-Mocidade, CAE e CAF) recibiu a resposta a Queixa formulada por censura informativa sobre o Prestige. No seu informe de 51 páxinas nos comunica que na información que lle remitiu Administración Xeral do Estado “non hai mencións sobre o sistema de información proporcionado ao Público”, “non se encontraron datos suficientes en moitos aspectos, cando non son confusos”, “Non hai mención ao esixible Plan Territorial de Salvamento, que parece non existir”. Non entende que “si o salvamento marítimo e a prevención e loita contra a contaminación conforma un servicio público, e Galiza ten atribuídas notables potestades ao efecto en augas territoriais, non se explica no informe nin se encontre unha mención a planificación que lle corresponde efectuar”. “Non hai información precisa sobre o grao de funcionamento do sistema de informa MARPOL”. “Encontráronse referencia equívocas á organización” ... mostrando “a falta de rigor có que o informe omite elementos esenciais dos aspectos organizativos da xestión da catástrofe”. Comunica que “cabe aceptar que a información remitida pola Xunta de Galicia sexa parcial”. Comunica que hai motivos “para unha reflexión sobre a pol´ticia informativa dos medios baixo responsabilidade pública” e “se detecta desde os primeiros momentos a denunciada minimización dos posibles riscos ou danos, así como certa autosatisfacción prematura”. Lamenta “omisión esenciais, nun informe que debería de dar resposta a numerosas queixas por carencia de resposta organizada e apropiada a catástrofe. Confirmarse que “Existen casos anteriores de petroleiros con fugas nos seus tanques e que foron alonxados da costa... e salvados tras ser vaciados...”. Evidencia que “non hai mención algunha á empresa estatal TRAGSA”. Denuncia que “a Administración do Estado non aporta información específica sobre as primeiras decisións adoptadas acerca dos recursos pesqueiros e marisqueiros nin sobre a cobertura de emerxencia das necesidades inmediatas da poboación. Tampouco hai referencias nin documentación algunha aportada polo Ministerio de Sanidade e Consumo, sobre riscos para a suade e atención sanitaria, etc.”



A información facilitada e extensísima a raíz dos miles de folios, que de forma desordenada, remitiu as administración. Evidenciase a facilitación de información de forma interesada e partidista. O Defensor del Pueblo lembrou que Lei 38/1995, “do dereito de acceso á información en materia de medio ambiente, ten un alcance subxectivo e obxectivo maior que noutros ámbitos ... resulta especialmente apuntable agora o apartado ... sobre causas de denegación da información, denegación que queda prohibida en canto aos datos sobre vertidos e producción de residuos tóxicos e perigoso”, motivo polo que sería absolutamente ilegal varias medidas tomadas para restrinxir a información como, por exemplo, a prohibición, por parte do Goberno, de que se facilitar imaxes captadas polo submarino.



Para analizar con máis detenimento este informe, convocamos unha rolda de prensa para o próximo mércores ás 12:30 horas no local nacional da CIG (Rúa Campo do Forno, 1 – baixo) onde facilitaremos unha copia do mesmo.

0 comentarios:

Publicar un comentario