Estaban pegadas nos Mupis habilitados para tal fin no centro de cidade.
Desde Marzo do 2002, o MPDC ven pedindo a modificación da Ordenanza Municipal de Medio Ambiente porque entendemos que vulnera o dereito fundamental á Liberdade de Expresión. Coincidimos có Concello en que é necesario unha normas mínimas que permita o mantemento do noso patrimonio con este dereito fundamental, pero tamén Entendemos que o Concello non pode limitar un dereito fundamental sen darlle outra saída.
Por este motivo realizamos unha serie de propostas ao Concello de Santiago que permitira a divulgación das actividades sociais e rematara coas multas e xuízos contra mozas e mozos de Compostela. Estas propostas foron engadidas na ORDENANZA DE PUBLICIDADE ESTÁTICA que foi rexeitada polo PSOE e polo PP na prensa, sen chegar a debaterse, e incluían:
i. Utilización dos paneis luminosos
ii. Concesión de axudas para publicitar actividades
iii. Unha delimitación racional dos lugares onde non se poden pegar os carteis ou facer murais
iv. Habilitación dun dos laterais das marquesinas para colocar carteis.
v. Colocación de Mupis
Sobre a colocación dos Mupis facilitamos un Mapa cós lugares que considerabamos apropiados para a instalacións destes espacios, 33 en total, dos que só están instalados en menos de 10 emprazamento que maioritariamente non coinciden cós que pedimos; e algúns case non son visibles.
O pasado xoves e venres varias organizacións de Compostela publicitaron as actividades que teñen previsto para celebrar o día da Patria no próximo 25 de Xullo. Estas organización pegaron carteis nestes mupis habilitados para, precisamente, publicitar estas actividades. Cal foi a sorpresa cando o Sábado pola mañá descubriron que se lle quitara os carteis aos Mupis, nos lugares habilitados para tal fin. O últimos reducto onde nos deixaban anunciar as nosas actividades.
Por todo isto tomamos a decisión de convocar ao maior número de organizacións posibles para realizar algún acto de protesta có que demostrar a nosa repulsa á censura que ven practicando este concello. Como o foi tamén dos Concertos cancelados recentemente.
Ademais sacamos fotos das manchóns que fai o Concello por enriba dos murais que se realizan na vila para remitir, xunto coa proposta de ORDENANZA DE PUBLICIDADE ESTÁTICA, rexeitada polo PSOE e PP, ao Defensor del Pueblo, có obxectivo de evidenciar que o único que busca o Concello é acalar a voz das organizacións sociais pois a aplicación do Ordenanza polo Concello é unha vulneración da mesma Ordenanza. Calquera pode apreciar que os manchóns grises que temos nas paredes de Santiago non buscan manter “as condicións de limpeza e pulcritude que esixen o ornato e a estética da cidade”, e maís ben conseguen o efecto contrario.
O Concello de Santiago retirada a publicidade do 25 de Xullo das organizacións sociais-culturais de Compostela
Written By Virgulino on 21/9/03 | 9:45
Etiquetas:
Concello de Ares,
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Dereito á Liberdade de Expresión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario