En contestación a unha consulta formulada polo MPDC respondeu que o “Ministerio Fiscal actúa sempre guiándose polos principios d elegalidade e imparcialidade que, de acordo có art. 124 da Constitución rexen toda a súa actuación”
O MPDC formulou unha consulta á Fiscalía Xeral do Estado para que explicara a que era debido a celeridade coa que tramitou a denuncia de “Manos Limpias” contra “Nunca Máis” (denuncia que foi arquivada despois de varias investigacións incluído o requirimento do número de conta da mencionada Plataforma) tendo en conta que “Manos Limpias” era un colectivo de sobra coñecido pola Fiscalía (declaracións aparecidas no Xornal El País), mentres tardou bastante máis en tramitar a denuncia dun Eurodiputado (Mendiluce) e dun partido político (Izquierda Unida) por mor da contaminación do Prestige.
Na resposta, a Fiscalía di que tardou máis en tramitar as denuncias de Mendiluce e Izquierda Unida porque eran mais complexos e que a Fiscalía no asocia, necesariamente, a celeridade coa importancia do caso. Por último remitiuse ao artigo 124 da Constitución para certificar a súa imparcialidade.
O MPDC cre, en todo caso, que non se respondeu a súa consulta xa que a Fiscalía non xustifica, a pesar de que se lle preguntara, o por que remitiu a Fiscalía de Galiza unha denuncia que non tiña ningún fundamento xurídico e estaba formulada por unha organización que ten varias denuncias arquivadas por falta de fundamento.
A Fiscalía Xeral do Estado escudase na Constitución para xustificar a celeridade na tramitación da denuncia de “Mano Limpias” contra “Nunca Máis�
Written By Virgulino on 19/9/03 | 9:33
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario