Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Comparecencia do Coordinador do MPDC perante a Fiscalía

Written By Virgulino on 9/9/03 | 18:55

Ratificouse na denuncia onde criticaba declaracións de membros do Goberno Galego contra Nunca Máis e os participantes nas súas actividades.



O Movimento polos Direitos Civís comunica que na comparecencia que realizou hoxe, perante a Fiscalía do TSXG, o Coordinado do MPDC ratificouse na denuncia formulada e solicitou que a Fiscalía requirira do Presidente da Xunta, Manuel Fraga, as probas documentais que este dixo existir sobre que Nunca Máis é unha arma política (publicado en El Correo Gallego do 21 de Febreiro).



No transcurso da comparecencia Malvar lle preguntou ao Coordinador do Movimento Polos Direitos Civís que acusacións quería formular contra os membros do Goberno. Renato Núñez respondeu que deixaba á Fiscalía, no exercicio das súas funcións, e fronte aos feitos que se lle pon en coñecemento, que decidira si do denunciado se desprendía algún feito perseguible legalmente; tamén lembrou que a Fiscalía abriu investigacións contra Nunca Máis con menos evidencias que as que existen sobre o Concello de Muxía que, como xa comunicamos, parece que utilizou fondos destinados aos damnificados para comprar mobiliario urbano.



O MPDC desexa manifestar que non ten ningunha esperanza de que estas investigacións terminen en bo porto e está convencidos que a única finalidade destas Dilixencias Informativas e dar unha aparencia de normalidade nas institucións galegas que, como todos sabemos, viven unha inoperancia que resulta lamentable.

0 comentarios:

Publicar un comentario