Remitiu a proposta de actuación sobre o aumento da delincuencia en Ribadavia onde propón a creación dun listado oficios de estranxeiro e nacionais con antecedentes penais.
O Movimento polos Direitos Civís informa que, tal e como comunicou aos medios de comunicación con anterioridade, solicitou, e recibiu, a proposta de actuacións para paliar o problema do aumento da delincuencia en Ribadavia. Neste escrito o Concello aclara que o listado oficioso será de veciños de calquera nacionalidade (estranxeiros ou españois) con antecedentes penais. Sobre este novo dato o MPDC ten que dicir que non procederemos a remitir esta documentación ao Defensor del Pueblo ou a Fiscalía Xeral do Estado por mor de que, entendemos, que non se podería cualificar esta actitude como racista e xenófoba xa que incluie a cidadáns do Estado Español pero seguiremos a evolución desta medida para valorala debidametne.
De todas formas seguimos dubidando da súa legalidade, xa que si os Corpos e Forzas do Estado facilitan datos de veciños de Ribadavia con antecedentes penais ao Concello podería estar cometendo algún ilícito legal. Por outra banda seguimos sen entender cal sería a función deste listado que podería supor un acoso innecesario a aquelas persoas que, tras cometer un error na súa vida, queiran reintegrarse con normalidade.
O Concello de Ribadavia responde ao MPDC
Written By Virgulino on 9/9/03 | 11:19
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario