O Coordinador do Movimento Polos Direitos Civis prestará declaración o próximo Xoves ás 10:00 perante a Fiscalía do TSXG como parte da¡s Dilixencias Informativas 86/2003
O Movimento Polos Direitos Civís comunica que a Fiscalía do TSXG abriu dilixencia informativas por mor dunha denuncia que este colectivo presentou sobre as declaración de Pita, Fraga e Mayor Oreja relativo a “Nunca Máis”. Nesta denuncia o MPDC pide que se investigue si as continúas declaracións de membros do Goberno Galego acusando a “Nunca Máis” de estafa, batazunos, de estar ao servicio da nacionalismo radical, semellarse ao KU Kux Klan, etc... poden ser constitutivos de delicto. Tamén lembran que a Fundación Arao non ten ningún damnificado entre os seus membros, que o goberno de Muxía utilizou diñeiro destinado aos damnificados para a compra de mobiliario urbano ou que Fraga consideraba necesario unha modificación da Lei de Partidos e do Código Penal para usalos contra o BNG e “Nunca Máis”.
Por todo esto o MPDC considera que houbo un menoscabo da dignidade das galegas e galegos que libremente integraron ou participaron nas actividade promovidas pola Plataforma “Nunca Máis”, que foron difamados e que se ignorou a presunción de inocencia da Plataforma. Afirman que supón unha ameaza para a liberdade ideolóxica as continuas propostas de revisión da Lei de Partidos e do Código Penal; que a actitude do goberno supuxo un condicionante cualitativo ao dereito a recibir información veraz e que houbo un prexuízo ao dereito a participar directamente nos asuntos públicos polos continuos intentos de deslexitimación – por parte do Goberno – dos membros e participantes das actividades promovidas por “Nunca Máis”.
Desde o MPDC esperamos que estas dilixencias dean os seus froitos e que, en canto supoñen que existe indicios de ilícitos legas, exista rectificación por parte dos involucrados.
A Fiscalía do TSXG abre dilixencias por unha denuncia contra membros do Goberno Galego
Written By Virgulino on 5/9/03 | 10:18
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario