Hoxe recibiu un escrito do “Defensor del Pueblo” onde este lle formula unha serie de preguntas para seguir coa investigación sobre censura informativa.
O Movimento Polos Direitos Civís solicita dos medios de comunicación, os mesmos que denunciaron varios impedimentos para cubrir o desastre do Prestige, que nos axude a responder unha serie de preguntas formuladas polo “Defensor del Pueblo” có obxectivo de que este siga coas investigacións por si “os feitos denunciados sexan en realidade inxustificables e que realmente se produciu a alegada vulneración de dereitos fundamentais”.
O “Defensor del Pueblo” pide mais información sobre o peche ás aeronaves fletadas polos medios de comunicación ou ocupadas por xornalistas (denunciado por Tele5), sobre os faxes enviados pola Delegación do Goberno prohibindo que as Capitanías Marítimas informasen aos xornalistas (denunciado por Tele5), sobre a prohibición aos xornalistas de subir aos barcos para fotografiar a Illa de Sálvora (Denunciado pola Voz de Galicia), sobre o peche do Porto de Aguiño (Denunciado polo Colexio de Xornalistas de Galicia e por Tele5), sobre o contrato do submarino Nautile coa Administración que impedía difundir as imaxes.
O “Defensor del Pueblo” pide máis información xa que “cós (datos) disponibles, os organismos investigados fácilmente encontrarían explicacións que esta Institución non pedría rebatir”
O MPDC solicita axuda aos medios de comunicación para que o “Defensor del Pueblo” siga a súa investigación por censura informativa sobre o Prestige
Written By Virgulino on 29/9/03 | 9:31
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario