Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Faltou previsión no partido de Futbol entre o Compostela e o Deportivo

Written By Virgulino on 9/10/03 | 10:11

Na Rolda de Prensa que tivo lugar hoxe en Santiago tres mozos que asistiron ao partido do Compostela e Deportivo lamentaron a morte do aficcionado do Deportivo e denunciaron a actitude dos Riazor Blues a discordinación policial e a falta de previsión da Delegación do Goberno.



Informaron como un deles foi agredido e amezado por un Policia Nacional cando mediaba nunha discusión entre aficcionados antes do partido (feito polo que presentará unha denuncia no Xulgado de Garda) como foron agredidos polos Riazor Blues sen que a Policía Local identificara aos seus agresores a pesar de que llo requiriron (facilitaron o número de placa do policía local) e de como un mozo foi golpeado pola Policía Nacional ao solicitarlles auxilio porque estaba sendo perseguido por membros do Riazor Blues. Tamén informaron como cando un deles entraba no hospital en silla de rodas, despois de desvanecerse diante dos Policía Locais que se negaron a identificar aos membros do Riazor Blues, encontrou ao edil do PP agredido e lle recriminou que a él, por ser unha persoa coñecida, sí lle facía caso os policías nacionais, mentres a el non lle atenderon ata desvanecerse na rúa.



O MPDC destacou o feitos de que a pesar dos 60 feridos rexistrados, xa que houbo moitos máis que non foron aos hospitais, só se detivo unha persoas que supostamente agrediu a un edil do PP e outra que supostamente agrediu a un Policía Nacional; tamén chamamos a atención sobre o feito que para reprimir a traballadores que reclamaban máis seguridade en Puertollano non faltaron medios e nos sumamos a denuncia da nai do aficionado falecido e nos preguntamos onde estaban os medios de prevención.

0 comentarios:

Publicar un comentario