En decembro do 2002 o MPDC formulou unha petición ao Parlamento Europeo para que investigara a censura informativa relacionada có Prestige.
O Movimento Polos Direitos Civís desexa manifestar a súa satisfaccións pola próxima abertura da Comisión de Investigación sobre o Prestige no Parlamento Europeo. Sobre este tema temos que dicir que dentro de pouco cumprirá o ano que aproximadamente tarda en ser tramitada unha petición no Parlamento Europeo, feito que permitiría que a nosa petición por censura informativa fora tida en conta nesta Comisión Temporal. Desta forma poderiamos ter unha visión máis clara sobre o papel dos Gobernos de Galiza e do Estado Español na subministración de información; información que xa foi cualificada polo Defensor del Pueblo como “minimizada tendenciosamente” ou “defectuosa e partidista”. Poderíamos coñecer, tamén, as motivacións do peche do Porto de Aguiño aos xornalistas, o impedimento de voar sobre as zonas afectas ou, entre outros moitos feitos, porque se ordenou non facilitar información ao xornalistas.
Por último aclarar que a petición esta formulada no exercicio do Dereito de Petición que recoñece a Carta da Unión Europea, feito que obriga a ser contestada, e está apoiada polo Europarlamentario Camilo Nogueira.
O MPDC espera que a Comisión do PE sobre o Prestige, tamén investigue a censura informativa
Written By Virgulino on 26/9/03 | 9:37
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario