Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movimento Polos Direitos Civís denuncia os excesos policiais en Compostela

Written By Virgulino on 14/8/03 | 9:46

Presentou unha queixa ao Defensor del Pueblo e presentará unha denuncia no Xulgado e na Policía Nacional.



O Movimento Polos Direitos Civís (Constituído por CIG-Mocidade, CAE e CAF) quere comunicar que presentou unha queixa ao Defensor del Pueblo pola actuación policial do pasado día 25 de Xullo na Praza da Quintana e polo acoso policial que está a sufrir Compostela nestes meses de verán.



Ademais desta queixa, da que axuntamos copia, o Movimento Polos Direitos Civís presentará denuncia ante o Xulgado e a Policía Nacional polos feitos acontecidos o pasado 25 de Xullo que puideron ser constitutivos dun delicto de coacción.

0 comentarios:

Publicar un comentario