Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Fiscalía abre dilixencias informativas polas cámaras de Videovixilancia de Santiago

Written By Virgulino on 28/7/03 | 9:38

Despois de un ano e dous meses de continuas denuncias o Concello de Santiago está a ser investigado polo “Defensor del Pueblo” e pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.



Os sistemas de videovixilancia están regulados por unha Lei orgánica e un Real Decreto para salvagardar o dereitos fundamentais recollidos nos artigos 18.1 e 20 da constitución (o dereito ao honor, á intimidade e a propia imaxe). Estas normas establecen que todas aquelas persoas que crean que foron gravadas nun lugar público teñen dereito a acceder e cancelar estas imaxes. En base a este dereito maís de 20 moza e mozos de Compostela solicitaron, o 6 de maio do 2002, o acceso a estas imaxes sen obter ningún tipo de contestacións. Segundo o Real Decreto 596/99, si estas solicitudes non teñen resposta en 10 días enténdense estimadas.



Ante a falta de resposta do Concello dous interesados intentaron informarse na Concellaría de Seguridade Cidadán de como exercer este dereito que se entendía estimado. Neste Concellaría ninguén sabia nada e convidaron aos interesados a que lles facilitara o número de telefono para concertar unha reunión có Concellal; reunión que nunca se convocou.

Para informarse destes extremos o Movimento Polos Direitos Civís solicitou en catro ocasións (unha por escrito) reunirse có Concellal de Seguridade Cidadán, remitiu un escrito a Delegación do Goberno (autoridade encarga de autorizar a instalación das cámaras) e un escrito ao Concello de Santiago pedindo que se lles facilitara documentación relacionada coas cámaras de videovixilancia sen obter contestación a ningunha das solicitudes.



Como medida extrema o Movimento polos Direitos Civís presentou unha queixa ao Valedor do Pobo (quen se declarou incompetente para investigar) e unha denuncia a Comisión de Garantías de Videovixilanca (quen se limitou a cuestionar a nosa lexitimidade para denunciar estes feitos). Mesmo así formulamos alegacións ao Valedor do Pobo (quen se seguiu declarando incompetente) e formulamos unha nova denuncia a Comisión de Garantías de Videovixilancia a través dun particular (que se declarou incompetente para investigar), e ademais presentamos unha Petición ao Concello para que se retirara ás Cámaras. (sen obter resposta a pesar de estaren obrigados por lei).



Novamente presentamos dúas queixas ao “Valedor do Pobo”, desta vez para conseguir resposta a dúas solicitudes de acceso a imaxes que non foron respondidas. Nun principio o Valedor do Pobo rexeitounas e houbo que presentar alegacións para que finalmente as aceptara. Ademais presentamos a mesma primeira queixa que fora rexeitada polo “Valedor do Pobo” ao “Defensor del Pueblo” que a aceptou a trámite (cabe destacar esta actuación que evidencia a inoperancia do “Valedor do Pobo”.



Tamén soubemos pola prensa que as cámaras tiveron que ser desconectadas por non cumpriren coa normativa vixente, motivo polo que remitimos un escrito ao Concello preguntando pola orden onde se comunica ao Xefe da policía Local que debe suspender as filmación (para saber canto tempo estiveron funcionando sen permiso), este feito xunto coas resposta do Concello ao “Valedor do Pobo” pola falta de resposta ás solicitudes de acceso ás imaxes e os datos facilitados polo Defensor del Pueblo evidenciou continuas contradiccións do Concello á hora de respondera as autoridades.



Nun escrito remitido a Delegación do Goberno o Concello de Santiago afirmaba que “en ningún momento se deu orde ou autorización de gravar imaxes recollidas polas cámaras de videovigilancia instaladas na zona monumental”. Noutro escrito remitido ao “Valedor do Pobo” afirmaba que todas as gravacións son borradas salvo que capten ilícitos penais; contradicíndose claramente. Tamén a Delegación do Goberno afirma que non se lle requiriu ningunha documentación, cando existen tres documento rexistrados nos que se solicitaban estes datos.



Por este motivo formulamos unha denuncia á Fiscalía Xeral do Estado preguntado pola legalidade de que o Concello de Santiago non facilitara o acceso ás imaxes gravadas en lugares públicos, non contestara ás peticións, non facilitara a documentación solicitada e tivera as cámaras instaladas en permisos; tamén preguntamos pola negativa da Delegación do Goberno a facilitar a documentación solicitada (incluso polo Defensor del Pueblo”, pola inoperancia da Comisión de Garantías de Videovigilancia e pola deixades de funcións do “Valedor do Pobo”. Esta denuncia foi remitida á Fiscalía do TSXG quen o pasado 10 de Xullo abriu dilixencias informativas, feito que demostra a existencia de indicios de ilícitos penais.



Esperemos que estas investigacións fructifiquen e os responsables de que as cámaras de videovixilancia estiveran instaladas sen os permisos necesarios responda, por fin, e despois dos continúos desaires cós que trataron as mozas e mozos que representamos, respondan nas instancias correspondentes.

0 comentarios:

Publicar un comentario