A policía nacional impedía o paso de manifestantes de Nunca Máis ao Obradoiro, dando a impresión de que estaba prohibida, nun claro intento de desanimalos a participar na manifestación
O Movimento polos Direitos Civís (integrado polas organizacións CAE, CAF e CIG-Mocidade) informa que o pasado día 25 de Xullo, membros da policía nacional montaron un control na entrada da praza do Obradoiro impedindo o paso a todas aquelas persoas que levaban consignas de Nunca Máis ou da manifestación que se estaba a celebrar na Quintana en base a unha suposta orde gobernativa. Este feito fixo que se lles requirira os números de placa para denunciar ante o Xulgado de Garda que estaban impedindo a libre circulación de persoas sen motivación algunha. Ante a negativa dos efectivos a identificarse houbo unha forte discusión á que acudiu polo menos un reporteiro gráfico que aceptou, ao ser requirido, testemuñar sobre a actuación policial. Tras o alboroto que se formou a policía “repregouse” (expresión utilizada polos seus mandos) e o paso quedou libre para todos e todas que quixeran a acceder ao Obradoiro.
Neste momento o Movimento Polos Direitos Civís dispón de varias fotos coas que identificar aos dous policías que se negaron a informar sobre os seus números de placa e comunicar quen era o seu superior, ademais dispoñemos de dúas testemuñas que, de forma voluntarias e ante a actitude policial, ofrecéronse a dicir o que aconteceu ante un xuíz.
Fronte a este respaldo o Movimento Polos Direitos Civís responderá presentado unha denuncia, posiblemente por coaccións, durante a semana que ven e contra a policía nacional. De esta forma esperamos animar a aquelas persoas que sofren este tipo de vulneracións dos seus dereitos a denuncialo, buscando que non queden impunes.
A actuación policial na praza do Obradoiro será denunciada
Written By Virgulino on 26/7/03 | 10:56
Etiquetas:
Dereito das Persoas,
Dereito de libre circulación,
Dereito de reunión e manifestación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario