Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O “Defensor del Pueblo” investigará a denegación de becas a universitarios

Written By Virgulino on 27/5/03 | 18:51

Extracto da Rolda de Prensa celebrada hoxe ás 12:30



O Movimento polos Direitos Civís, integrado polas organizacións CAE, CAF e CIG-Mocidade, quere comunicar que o Defensor del Pueblo admitíu unha queixa elevada por un aluno ao que lle foi denegada a concesión dunha bolsa de estudos polo Ministério de Educación, Cultura e Deporte na que se alegaban “outras causas” para esa denegación.



Este non é un caso singular,senón que cada ano dan-se milleiros de casos nos que solicitantes de bolsa receben esta contestación, o que os deixa nun clarísimo caso de indefensión ante a Administración, situación terminantemente prohibida pola Lei de Procedimento Administrativo.



Desde o Movimento polos Direitos Civís cremos que este tipo de decisións toman-se conscientemente para asi diminuir a cantidade de bolsas concedidas (o que non é extrano se consideramos que só este ano o MECD recurtou en caso que 3.000.000 de euros o orzamento para bolsas) e que supoñen un grave atentado contra os direitos máis elementais de todo cidadán,como é o de coñecer as causas pola que se lle denega unha prestación pública.



Por último anunciamos que faremos todo o posíbel para que esta queixa prospere e se remate asi con estes casos de indefensión e situación de desamparo nas que o MECD deixa cada ano a milleiros de estudantes do noso País e de todo o estado.

0 comentarios:

Publicar un comentario