O PSOE pegou cartaces do candidato a alcadía de Compostela en varias paradas de autobuses entre Os Tilos e a Rotonda da Galuresa violando a Ordenanza que se negou a modificar recentemente.
O Movimento Polos Direitos Civís denunciou hoxe, perante a Policía Local, ao Alcalde de Santiago e o PSOE de Santiago de Compostela por vulnerar a Ordenanza Municipal de Medio Ambiente. Na denuncia formulada pedimos que se trasladara unha Unidade de atestados aos lugares dos feitos para deixar constancia dos cartaces pegados nas paradas de autobuses, situadas entre a Rotonda da Galuresa e Os Tilos, polo PSOE coa foto de Bugallo e vulnerando descaradamente o estipulado na Ordenanza de Medio Ambiente.
O anuncio da modificación da Ordenanza do Medio Ambiente pola Ordenanza de Publicidade Estática, reclamado polo Movimento Polos Direitos Civís, e a apertura de espacios libres para a colocación de cartaces, eran medidas positiva que quedaron truncadas polo falta de conexión dos políticos do PP e do PSOE cós colectivos sociais vivos e sen grandes presupostos.
Agora vemos como o PSOE, que se negou a modificar esta ordenanza e propiciou multitude de xuízos contra mozas e mozos desta cidade que foron xulgado e condenados a multas e arrestos, se salta á toureira a súa propia normativa e pega os seus cartaces en lugares prohibidos por eles mesmos. Da a curiosa circunstancia que a Ordenanza de Publicidade Estática que o PSOE non quixo aprobar preveía a habilitación de espacios para pegada de carteis nesas mesmas paradas de autobuses.
Esperemos que a Policía Local sexa igual de contundente có PSOE que como ven sendo cás mozas e mozos que, noite tras noite, identifican, requisan os seus materiais e logo multan e arrestan. A ver si así Bugallo e Carlos Nieves desenrolan algo de sensibilidade polas problemáticas dos colectivos deste Concello.
Sanchez Bugallo viola a Ordenanza de Medio Ambiente Urbano
Written By Virgulino on 21/5/03 | 10:55
Etiquetas:
Concello de Ares,
Concello de Santiago de Compostela,
Dereito á Liberdade de Expresión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario