Os membros da Policía Nacional que están a vixiar as rúas de Santiago en substitucións dos municipais que están de vacacións realizan identificacións aleatorias..
O Movimento polos Direitos Civís (integrado polas organizacións CAE, CAF e CIG-Mocidade) quere denunciar que os membros da Policía Nacional que están a vixiar Santiago durante estes meses de verán realizan unha labor de acoso que en ningún caso permite unha maior seguridade para os veciños desta cidade. A súa actitude de identificación de mozas e mozos de forma indiscriminada, tratándoos de forma indiscriminada como posibles delincuentes, está a producir unha situación incomoda que lonxe de dar confianzas, produce espanto aos viandantes que se atopan con eles.
É notorio, e está denunciado polos medios de comunicación, que o problema de delincuencia de baixa intensidade non diminúe pola presencia destes efectivos na rúa, como tampouco polas cámaras de videovixilancia, e que a súa presencia está a producir unha impresión negativas nos turistas que se acercan a Compostela e encóntranse que a cidade está tomada por antidisturbios como si algo grave estivera a ocorrer.
Desde o Movimento Polos Dereitos Civís queremos pedir un pouco de sentido aos políticos desta cidade e que a vixilancia necesaria para o ben estar de todos e todas, non se transforme nun acoso a cidadanía.
Volvemos a insistir ao Sr. Alcalde que dedique menos efectivos a multar a mozas e mozos que intentan promover as actividades do tecido sociocultural desta cidade, e os utilice para o que realmente son necesarios.
A Policía Nacional identifica sen ningún tipo de criterio.
Written By Virgulino on 17/7/03 | 10:58
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario