Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Antidisturbios obrigan a militantes de Galiza Nova a saír do Toural

Written By Virgulino on 9/5/03 | 11:18

Antes de que comezara o mitin do PP a Policía lles obrigou a marchar da Praza



O Movimento Polos Direitos Civis quere denunciar que tres militantes de nacionalistas que se desprazaban desde o local electoral do BNG (Rúa Frei Rosendo Salvado) ata Praterías, e pararon para observar a posta en escena do Partido Popular na Praza do Toural, foron obrigados a desaloxar o lugar onde se ía realizar un mitin do PP polo único feito de levaren autocolantes de Galiza Nova. Os tres militantes (responsábel dos CAE en Compostela, o Vicerresponsable Comarcal de Galiza e un dirixente dos CAF) preguntaron porque tiñan que marchar e os antidistubios lles respondeu que non podían estar alí.



Este feito supón unha vulneración do artigo 139.2 da Constitución, motivo polo que os afectados solicitaran unha copia da gravación das imaxes gravadas polas cámaras de video-vixilancia, si non están borradas pola “dilixente” actuación do Concellaría de Tráficos que as “borra case de inmediato”, para presentar unha queixa ao Valedor do Pobo.

0 comentarios:

Publicar un comentario