Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Subdelegación do Goberno negase a investigar unha detención ilegal durante o Cumio Europeo do 2002

Written By Virgulino on 12/5/03 | 11:11

Un dos detidos foi absolto tras comunicar no Xuízo que fora agredido durante a detención sufrira vexacións nos calabozos da Policía Nacional.



O Movimento Polos Direitos Civis quere denunciar que a Subdelegación do Goberno na Coruña negouse a investigar unha detención ilegal durante o Cumio Europeo do pasado 2002. O mozo detido foi absolto nun xuízo celebrado un ano despois da detención. Durante o transcurso do Xuízo comunicou que fora agredido durante a detención (motivo polo que levou testemuñas presencias das que unha non se lle permitiu testificar e outra foi coaccionada pola fiscalía que, entre outras moitas preguntas, lle dixo que “¿me vas a dicir que nunca fuíste a una manifestación antiglobalización?”, como si este feito fora un delicto), non se lle requiriu ningunha documentación e que lle obrigaron a espirse nas dependencias da Policía Nacional diante doutro detido.



Na sentencia onde foi absolto o detido se absolve tamén aos policías, aínda cando o detido non formulou ningunha denuncia en contra deles motivo polo que durante o transcurso da vista non puído presentar ningunha petición de pena. Por outro lado o detido pedira días antes amparo á Fiscalía fronte a tardanza na celebración do xuízo así como pola agresión sufrida, feitos que a Fiscalía demostrou descoñecer ao pedir no mesmo xuízo copia do escrito presentado ao dubidar que o detido puxera estes feitos en coñecemento do Ministerio Fiscal.



Desta forma demostramos novamente que os mecanismos de participación cidadán non funcionan e que as dilixencias de oficio só son iniciadas pola fiscalía en casos moi concretos que non teñen nada que ver coa evidencia de existir un indefensión da cidadanía, xa o demostramos no caso de Mayor Oreja con Nunca Máis e o demostrar con este caso onde non se inicia unha investigación por detención ilegal.

0 comentarios:

Publicar un comentario