Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A ineficacia do Valedor do Povo provoca unha disminución nas Queixas

Written By Virgulino on 25/4/03 | 11:17

As queixas son algo máis que a metade do ano anterior



O Movimento Polos Direitos Civis quere manifestar a súa opinión sobre o informe do Valedor do Pobo referente o ano 2002 que tal e como viñamos denunciando, demostra unha falta de confianza, por parte da cidadania, na institución do Valedor do Pobo.



Desde que comenzamos a formular queixas ao Valedor do Pobo, en maio do 2002, estas son rexeitadas de forma automática ou teñen unha solución que non satisface. Temos formulado denuncias que o Valedor do Pobo rexeita e o Defensor del Pueblo aceita. Resulta sorpreendente que estas denuncias non son remitidas polo Valedor do Pobo ao Defensor del Pueblo, como si o fai con outras queixas, e procede directamente ao seu arquivo obrigandonos a presentar unha nova denuncia. Temos expediente que levan meses sen acuse de recibo e queixas que, a pesar de ser reiterada a negativa da administrativo conflictiva en solventa-la, o Valedor non se molesta en advertir-les de que están inclumplindo a Lei.



É de esperar que este tipo de actuación supoña o desanimo dos cidadáns que requiren o seu amparo e se aprecie nunha disminución das Queixas.

Por outra banda resulta chamativo a falta de iniciativa propia para realizar investigación sobre os posibles dereitos vulnerado á cidadanía. O Valedor do Pobo comporta-se como un mero administrativo que tramita un expediente, sobre todo en convocatorias públicas de emprego. Queremos lembrar o Titulo I da Constitución é moi amplio e fala do dereito a unha información veraz, do dereito ao honor, do dereito a tutela xudicial, do dereito a manifestar-se, do dereito de reunión, á liberdade de expresión....



Sobre a resposta da Fiscalía en referencia as declaración de Mayor Oreja desexamos aclarar que non formulamos ningunha denuncia e nos limitamos a formular unha petición.

0 comentarios:

Publicar un comentario