Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Fiscalia Xeral do Estado admite que as declaracións da Mayor Oreja pode ser constitutiva de delito contra o honor.

Written By Virgulino on 23/4/03 | 18:49

Está basada no artigo 215.1 do Código Penal.



O Movimento Polos Direitos Civís , formado polos CAF, CAE e CIG-Mocidade, quere facer chegar aos medios de comunicación a súa a resposta da Fiscalía Xeral do Estado sobre distintas preguntas que se lle plantexou.

No documento que se axunta pregunta-se porque a Fiscalía non actuou de oficio nos seguintes temas:



1. Ameazas de Manuel Fraga contra unha xoven, en Pontevedra, depois dun mitín. Fraga lle dixera que “Si non fora unha muller le daba un par de...”

2. Agresións contra un xoven en Arganda del Rey por berrar en mitín do PP “Non a Guerra, Señor Aznar”.

3. Declararacións de Mayor Oreja afirmando que a Plataforma “Nunca Máis” esta batazunizando a sociedade galega.



Da resposta da Fiscalía Xeral do Estado non se desprende porque non actuan de oficio nos mencionados casos, hai que lembrar que si o fixeron contra Otegi por motivos similares, pero resulta esclarecedor que a propia Fiscalía admita que Mayor Oreja poido cometer un delito contra el honor por las declaraciones vertidas contra a Plataforma “Nunca Máis”.

0 comentarios:

Publicar un comentario