Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Arresto por pegar cartaces

Written By Virgulino on 17/4/03 | 11:09

O Movimento polos Direitos Civís é unha iniciativa integrada pola CIG-Mocidade, os CAE e os CAF, que ten por obxectivo chamar a atención sobre as perdas e violacións de direitos de todo tipo, ademais de incitar a denunciar estes feitos para combater a impunidade.



Dende o Movimento polos Direitos Civís queremos denunciar a condea con arresto domiciliario e multa feita pública estes días contra catro mozos que, hai xa un ano, pegaban carteis na rúa da Carreira do Conde.



Tal sentencia non é máis que un novo episodio dunha serie de medidas que o Concello de Santiago está a levar a cabo baixo o pretexto de preservar o noso patrimonio, pero que en realidade non fai máis que limitar o direito que temos de expresarnos libremente as asociacións e persoas que non dispoñemos de grandes partidas presupostarias para realizar campañas reinvidicativas ou de concienciación.



Por iso, dende o Movimento polos Direitos Civís quremos deixar constancia do noso rexeitamento a este tipo de sentencias, así como a nosa respulsa polas continuas persecucións ás que nos vemos sometidos diariamente.



Reclamamos tamén, a realización dunha ordenanza de medio ambiente, en proceso de elaboración, que nos permita, a todos e a todas, expresarnos libremente e respeitando ao resto das persoas e ao patrimonio cultural desta cidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario