Un informe facilitado pola Xefatura Superior de Policía á Subdelegación do Goberno de A Coruña "adorna" a carga policial que tivo lugar diante do Parlamento Galego contra voluntarios
No acto de protesta, que tivo lugar en decembro, varios manifestantes sofriron feridas de consideración.
O Movimento Polos Direitos Civís (formado por CAF, CAE e CIG-Mocidade) formulou o pasado 17 de decembro unha Petición á Subdelegación do Goberno de A Coruña para que investigara a carga policial que tivo lugar o pasado día 3 de decembro diante do Parlamento Galego en protesta polo afundimente do Petroleiro Prestige, e da que os medios de comunicación forneceron imaxes de ata 3 policias golpeando a un xove tirado no chan. Na mencionada petición se informaba da existencia de videos, fotos e do interese do Deputado Emilio Pérez de declarar fronte unha hipotética investigación.
A Subdelegación do Goberno lonxe de interesarse polo presenciado polo Deputado Emilo Pérez, ver os videos e fotos; limitouse a recoller información no xornal Faro de Vigo e na páxina Web de NOS-UP para contrastar a información da Xefatura Superior de Policía.
Cabe lembrar o desproporcionada da carga policial que provocou varios feridos de consideración sen que a Policía Nacional garantizara a súa asistencia médica ou lle comunicara a ningúen próximo ao ferido os feitos ocorridos (có agravante de que membros da policia Nacional se personaron no Hospital Clínico para recoller datos das persoas que presentaron denuncias por agresión). A lexislación vixente aconsella "evitar recorrer á forza nas actuacións policiais durante reunións ilícitas pero non violentas e só poderán recorrer a ela si outros medios resultan ineficaces ou non garante de ningunha maneira o logro do resultado previsto.
Convidamos a este medio de comunicación a visionar os videos "colgados" nos seguintes enderezos e repasar as fotos da prensa do día, onde se aprecia perfectamente que non houbo tal intento de levar os manifestantes ata a beirarrúa e que non "se conseguiu que os manifestante sentados no chan se levantaran e comenzasen a andar", mais ben cando conseguiron escapara dos golpes da Policía Nacional sairon correndo.
Queremos lembrar que recentemente o visionado duns videos demostraron os testimonios falsos de catro policias en Barcelona, motivo polo que se lles abriu dilixencias por detención ilegal, por este motivo non podemos entender que a Subdelegación do Goberno non se molestara a visionalos.
Un informe facilitado pola Policía á Subdelegación do Goberno de A Coruña "adorna" a carga policial que tivo lugar diante do Parlamento
Written By Virgulino on 18/3/03 | 11:16
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario