Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

CHARLA - PRESENTACIÓN DO LIBRO O ENCADEAMENTO DE AMÉRICA

Written By Virgulino on 12/3/03 | 18:31

XOVES 13 ÁS 20:00 HORAS NA FACULTADE DE HISTORIA



Limiar de Loïc Wacquant Daniel Burton-Rose (Ed), Dan Pens e Paul Wright. O encadeamento de América e unha selección de artígos publicados en Prison Legal News, unha revista independente editada integramente por persoas presas, na que se recollen de xeito temático investigacións e denuncias en torno aos trocos na lexislación penal, a manipulación mediática, a censura, as torturas e os diferentes xeitos de humillación nas cadeas, a explotación laboral, o negocio das cadeas privadas, o racismo, os novos modelos de aillamento e por suposto,a s formas de resistencia e loitas das persoas presas.



Daniel Burton-Rose, coordenador do libro, periodista e activista de Prison Legal News,Counterpunch, Dollars and Sense, Multinational Monitor, San Francisco Bay Patrik Editorial Virus.



Arredor dunhas cervexas, seguiremos falando dos cárceres Americanos con Daniel.



XOVES 13 AS 10, 30 HORAS DA NOITE NA CASA ENCANTADA,Trataremos ademais, dende preSOS Galiza de explicarvos as conexións entre a situación en USA e a actal política de reforma penal do PP.



Organiza: Asociación preSOS Galiza, Casa Encantada, Virus Editorial.

Co-organizan: Asociación Xustiza e Sociedade, COSAL, Movimento Polos Direitos Civís, CNA-Compostela, ESCULCA

0 comentarios:

Publicar un comentario