Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O PSOE e o PP rexeitan a Ordenanza Municipal de Publicidade Estática e Dinámica

Written By Virgulino on 24/3/03 | 10:53

Está actitude era de esperar no PP pero incomprensible nun partido que se denomina

socialista, de esquerdas e progresista.




O Movimento Polos Direitos Civís , formado polos CAF, CAE e CIG-Mocidade, quere facer chegar aos medios de comunicación a súa opinión sobre a negativa, do PSOE e do PP, á aprobación da Ordenanza Municipal de Publicidade Estática e Dinámica.



A Actual Ordenanza de Medio Ambiente limita a liberdade de expresión e opinión, á comunicación social, e, finalmente, ao conxunto de movementos sociais de Compostela e ás súas posibilidades de comunicar-se co resto da sociedade. Por este motivo O Movimento polos Direitos Civís iniciou unha campaña para a modificación da mencionada Ordenanza alegando que se o Concello tomaba medidas que limitaban o Dereito a Liberdade de Expresión está obrigado a buscar fórmulas que garantan o seu exercicio; fórmulas que diferencien un muro de tixolos, sen ningún tipo de valor, dunha escultura do Mestre Mateo.



O anuncio da modificación da Ordenanza do Meio Ambiente, reclamado polo Movimento Polos Direitos Civís, e a apertura de espacios libres para a colocación de cartaces, eran medidas positiva que quedaron truncadas polo falta de conexión dos políticos do PP e do PSOE cós colectivos sociais vivos e sen grandes presupostos.

Pensamos que é inaceptable que por mor da falta de compromiso coa cidadanía, pois non se poden parar 15 minutos para ler a Ordenanza, nos vexamos abocados varios meses, ou anos, máis de multas, arrestos, xuízos e criminalización dos movementos sociais.



O Movimento Polos Direitos Civís pensa que imprescindible unha resposta dos colectivos sociais de Compostela a este ataque á Liberdade de Expresión, que a negativa do PSOE (como forza que se denomina de esquerdas) a aprobar a Ordenanza de Publicidade é incomprensible e que xa non se poderán escudar na Ordenanza de Medio Ambiente para reprimir aos movementos sociais, porque si está Ordenanza existe é porque eles a queren para suplir a súa incapacidade de mobilizar as súas bases e ter unha presencia directa na cidadanía.

0 comentarios:

Publicar un comentario