Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Petición á Subdelegación do Goberno de A Coruña para que investigue a carga contra estudiantes e xornalistas.

Written By Virgulino on 19/12/02 | 16:12

Enviarase copia da Petición á Fiscalía por si se cometera algún delicto.



O Movimento Polos Direitos Civís, consituído por CIG-Mocidade, CAE e CAF, presentará o próximo martes, 24 de Decembro, unha petición formal para que a Subdelegación do Goberno investigue a carga policial contra estudiantes e xornalista ocorrida onte, día 18 de decembro, en A Coruña.



Na petición recordamos que o Código de Conducta Para Funcionarios Encargados de Facer Cumprir a Lei (Artigo 3) e os Principios Básicos sobre o Emprego da Forza e de Armas de Fogo polos Funcionarios Encargados de Facer Cumprir a Lei (principios 4, 5, 6, 9, 12, 13 e 14) di claramente que os axentes de policía, no desempeño das súas funcións, deberán utilizar, na medida do posible, métodos non violentos antes de recorrer ao emprego da forza, evitarán recorrer á forza nas actuacións policiais durante reunión ilícitas pero non violentas (botando por terra a denfensa esgrimida pola Corpo Nacional de Policía que afirmaba que o acto non estaba autorizado) e só poderán recorrer a ela si outros medios resultan ineficaces ou non garanten de ningunha maneira o logro do resultado previsto.



Cando o emprego lexítimo da forza sexa inevitable, por exemplo para garantir a seguridade doutras persoas:



· exercerán moderación e actuarán en proporción á gravidade do delicto e ao obxectivo lexítimo que se persiga;

· reducirán ao mínimo os danos e lesións;

· Garantirán que se presta coa maior dilixencia toda axuda posible e asistencia médica ás persoas feridas e afectadas;

· Se asegurarán de que se notifica o sucedido aos familiares ou amigos íntimos das persoas feridas ou afectadas á maior brevidade posible;

· Cando ocasionen lesións ou morte ao empregar a forza, comunicarán o feito inmediatamente aos seus superiores, quen se asegurarán de que tódolos feitos se investiguen correctamente.



A carga policial foi completamente desproporcionada (absolutamente nada podería xustificar unha segunda carga), houbo varios feridos de consideración, os Policías Nacionais non garantizaron a asistencia médica, non se lle comunicou a ninguén próximo aos feridos os feitos ocorridos e o responsable da carga se negou a indetificarse.



Pediremos a identificación deste responsable que conseguiu, entre outros casos, a lamentable imaxe de unha xove estudiante de 15 anos sendo levada en un coche particular ao hospital para ser atendida dunha brecha na cabeza.

0 comentarios:

Publicar un comentario