Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Carlos Nieves confirma que non posuía permisos para as Cámaras de Videvixilancia

Written By Virgulino on 6/2/03 | 11:07

Dous meses despois de que o Movimento Polos Direitos Civís pedise os permisos ao Concello de Santiago de Compostela e a Delegación do Goberno, este último ordenou paralizar as Cámaras.



O Movimento polos Direitos Civís remitiu, o pasado 7 de Maio do 2002, un escrito á Concellalía de Tráfico de Compostela e outro escrito, o pasado día 14 de maio, á Delegación do Goberno solicitando ter acceso aos permisos necesarios para a instalación de Cámaras de Videovixilancia en Compostela. Ningún dos dous respondeu ás solicitude, motivo polo que presentamos unha queixa ao “Defensor del Pueblo”, Enrique Múgica”, quen solicitou os mencionados permisos ás “administracións competentes” o pasado día 25 de Novembro sen que na data de hoxe obtivera ningunha resposta.



Resulta que agora, tal e como sospeitamos desde fai meses, a Concellalía de Tráfico de Compostela declara a “El Correo Gallego”, pero non aos colectivos sociais que así o solicitaron, que non tiña permisos e que as cámaras “estiveron inoperativa” por orde da Delegación do Goberno. Nas súas declaración non especifica cando quedaron inoperativas, cando deu a orde de deixalas inoperativas, onde está rexistrada a mencionada Orde, cando se fixo efectiva a mencionada orde, porque na manifestación por Palestina do pasado mes de Outubro (entre outras) a Cámara de O Toural facía barridos gravando as persoas alí concentradas e, o peor de todo, desde cando non ten permiso. Porque Carlos Nieves afirma que están inoperativas desde fai seis meses pero non aclara desde cando non ten permisos.

Segundo “El Correo Gallego” “la Delegación del Gobierno alude a un escueto “razones técnicas” para xustificar o problema”. Cabería preguntar á Delegación do Goberno porque non respondeu aos requerimentos do Movimento Polos Direitos Civís e do Defensor del Pueblo cando vimos denunciando estes feitos desde Maio do 2002. ¿Estaría dando tempo ao Concello de Compostela para regularizar a súa situación?



Por outra banda a Concellalía de Tráfico, alegado en escrito remito ao Valedor do Pobo para xustificar porque non entregara grabacións a dous cidadans que así o solicitaron, que as grabación son borradas case de imediato. Así que non sirve, de ser vedade que son borradas (extremo que dubidamos profundamente) para evitar agresión ou delitos pois si vas pedir unha copia da cinta, segundo declaración da Concellalía de Tráfico , estará borrada.



Tamén, como vimos denunciando continuamente, e consta no informe 2002 do Movimento Polos Direitos Civís, queda patente a inoperancia das Administración Públicas para defender os dereitos da cidadanía. As nosas denuncias ao Valedor do Pobo, Defensor del Pueblo, Comisión de Garantías de Videovixilancia e a Delegación do Goberno advertindo que se estaban vulnerando dereitos fundamentais non foron respondidos, por este motivo estudiaremos presentar un informe á Fiscalía Xeral de Galiza para que investigue si algunha das administracións implicadas cometeu algún delito. Confiamos que o Fiscal Xefe sexa igual de dilixente coa nosa denuncia como foi coa denuncia de Manos Limpias presentou contra a Plataforma “Nunca Mais”.

0 comentarios:

Publicar un comentario